Ismael González Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ismael González Díaz
Nacemento4 de outubro de 1939
 O Barón
Falecemento25 de xullo de 2015
 Móstoles
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Ismael González Díaz, nado no Barón (O Carballiño) o 24 de outubro de 1939 e finado en Móstoles o 25 de xullo de 2015, foi un cineasta e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na parroquia de San Fiz do Barón, nome que empregaría na súa carreitra artística como pseudónimo (Féliz Varón). De familia republicana marchou co pai ao exilio á (Arxentina). Posteriormente emigrou a Caracas onde proseguiu diversos empregos que o foron encamiñando cara á cinematografía: vendedor ambulante, auxiliar de publicidade e finalmente xefe de departamento na distribuidora de filmes Salvador Cárcel C.A. Neste posto traballa en contacto co mundo da distribución, pois a compañía venezolana actuaba como representante no país da United Artists e doutras produtoras mexicanas e europeas.

Durante este tempo exerceu como xornalista en diferentes medios escritos, radiofónicos e televisivos de Venezuela. Traballou como correspondente en Cuba, durante os anos da revolución cubana, onde coñeceu os irmáns Fidel e Raúl Castro, Che Guevara e Camilo Cienfuegos. Posteriormente marchou a Nova York para traballar para a United Artists e a Screen Plays Inc., a produtora de Stanley Kramer.

En 1962 instalouse de novo en España, plenamente dedicado ao negocio da produción e distribución cinematográfica, onde fundou empresas como Cocinex, Ars Films, Catro G, e Ismael González Producciones Cinematográficas. Tamén fundou unha empresa de subtitulaxe. Traballou na produción, dirección e escrita de filmes de cine durante tres décadas e deixou sen rematar o proxecto de rodar un filme sobre a novela Memorias dun neno labrego[1].

Tamén dedicou boa parte dos seus últimos anos á escrita, tanto de novela e relato, como de poesía e de ensaio. Ademais do seu labor asociado ao cinema, en Venezuela foi un dos fundadores do sindicato da construción SUTIC e da Asociación de Xornalistas Venezolanos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

A partir de establecerse en España traballou como produtor, guionista e mesmo director, especialmente de curtametraxes documentais. Nalgúns casos estas producións tocaron temas galegos, como o mosteiro de Oseira, Lugo ou os escritores Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.

Porén, a comezos da década dos oitenta centrouse sobre todo no cinema erótico e pornográfico, con longametraxes que producía, escribía e dirixía.

Longametraxes como produtor[editar | editar a fonte]

  • Prana, de Raúl Peña (1969)
  • Fray Dólar, de Raúl Peña (1970)
  • Crisis mortal (La sombra del girasol), de Luis Revenga (1970)
  • Existió otra humanidad, de Julián Marcos (1977)
  • Gamiani (1981)
  • Yo amo a Hitler (1984)
  • Sexos húmedos al sol (1985)
  • Os Galegos (1990)
  • 'O' de amor (1995)

Como guionista[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Cristo en la tierra (1969)
  • Viaje musical por América (1970)
  • Una extraña ilusión (1970)
  • Recuerdo de Rosalía de Castro (1970)
  • Pizarro, la conquista del Perú (1970)
  • Navidad en la aldea (1970)
  • Curros Enríquez, poeta del pueblo (1970)
  • Un español en el Rin (1972)
  • Lugo, la ciudad museo (1972)
  • El maravilloso mundo de Salzillo (1972)
  • Elkano, el hombre que dio la primera vuelta al mundo (1975)
  • Milagro en El Palmar (1976)
  • Mensaje a las estrellas (1976)
  • Arte precolombino en el Perú (1976)
  • Arte del tejido en el Antiguo Perú (1976)
  • Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (2002)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Fray Dólar (1970)
  • Existió otra humanidad (1977)
  • Gamiani (1981)
  • La canción de los niños (1982)
  • Al sur del edén (1982)
  • El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Escuela de grandes putas (1985)
  • Os Galegos (1990)
  • 'O' de amor (1995)

Como director[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Mis canciones a España (1966)
  • Venezuela canta en España (1967)
  • Érase una vez un pajarillo (1969)
  • Cristo en la tierra (1969)
  • Pizarro, la conquista del Perú (1970)
  • Navidad en la aldea (1970)
  • Viaje musical por América (1970)
  • Un español en el Rin (1972)
  • Lugo, la ciudad museo (1972)
  • La tierra donde nacían los conquistadores (1972)
  • Museo naval (1975
  • Elkano, el hombre que dio la primera vuelta al mundo (1975)
  • Milagro en El Palmar (1976)
  • Mensaje a las estrellas (1976)
  • Arte precolombino en el Perú (1976)
  • Arte del tejido en el Antiguo Perú (1976)
  • Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (2002)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Gamiani (1981)
  • La canción de los niños (1982)
  • Al sur del edén (1982)
  • El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Escuela de grandes putas (1985)
  • Sexos húmedos al sol (1985)
  • Dulces coitos in Blue (1985)
  • Os Galegos (1990)
  • 'O' de amor (1995)

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Entre os seus libros, ademais dos guións cinematrográficos, figuran varios volumes de poesía e de documentación.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Algo que siempre quise decir y ahora digo: dos sucesos y algo así como siete poemas de tiempos de la represión franquista (1977)
  • La dama de Elche (1982)
  • Poemario (autoedición, 1982)
  • Tianame (1989)
  • La canción de Araguaney y otros cantos (Ediciós do Castro, 1992), ilustrado por Laxeiro.
  • Adicado a vós (2001), ilustrado por Francisco Regueiro.
  • Manifiesto poético libertario (Alén-Miño, 2002)

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El duende ilustrado (Alén-Miño, 2003)
  • Impopulares cuentos (Alén-Miño, 2004)
  • Más allá del planeta Tierra (2004)
  • Priscilián, guión para rodaxe (2007)
  • O barco da memoria esquecida (2008)
  • El crimen de Osera (2010)
  • Testamento secreto (2010), da serie de Bob Cameron.
  • El día en que Al-lah destruirá USA (2011), da serie de Bob Cameron.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tamén participou no volume colectivo Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego (2008).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai de Ismael González Esteban, tamén director de cinema.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Óscar Iglesias (23 de xullo de 2007). "Aplazado el rodaje de 'Memorias dun neno labrego'". El País (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ismael_González_Díaz&oldid=4990240"