Istituto Centrale per il Catalogo Unico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sede do Istituto Centrale na Biblioteca central nacional de Roma.

O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN).[1] Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia.

O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ICCU. "L'Istituto". Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Istituto_Centrale_per_il_Catalogo_Unico&oldid=3767273"