Iván Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Iván Carril
Iván Carril.jpg
Carril co Pontevedra
Información persoal
Nome completoIván Carril Regueiro
Nacemento13 de febreiro de 1985 (33 anos)
LugarSantiago de Compostela, Galicia
Altura1,82 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualAuckland City FC
Carreira xuvenil
2001–2002Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2002–2009Deportivo B
2005–2009Deportivo da Coruña10(1)
2006Vecindario (cedido)8(0)
2007Palencia (cedido)
2009–2010Pontevedra32(2)
2010–2013Ried61(9)
2014Olympiacos Volou5(0)
2014–Auckland City FC
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de xullo de 2014.
† Aparicións (Goles)

Iván Carril Regueiro, nado en Rebordaos (Santiago de Compostela) o 13 de febreiro de 1985, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Centre de Esports L'Hospitalet .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus inicios foron un humilde club de fútbol sala do concello de Teo, a súa calidade pronto chamou a atención e foi fichado pola S D Compostela para as súas categorías inferiores. Máis adiante firmaría polas categorías inferiores do F.C. Barcelona, onde non tivo moita fortuna debido as numerosas lesións que tivo. Rexurdiu tras chegar novamente a provincia da Coruña, nesta ocasión no filial do Deportivo, converténdose nunha peza indispensable para o mesmo, o cal o fixo debutar no primeiro equipo asinando moi boas actuacións, chegando a marcar o seu único gol na primeira división.

Trala marcha do adestrador Joaquín Caparrós, que o fixo debutar na categoría de ouro do fútbol español foi cedido primeiro ao Vecindario e posteriormente ao Palencia, onde tería unha traxectoria irregular.

Na tempada 2009–10 foi contratado por unha tempada polo Pontevedra CF de Segunda División B, participando en 32 partidos e anotando 2 goles. Na tempada 2010–11 fichou polo SV Ried. No verán de 2014 ficha polo CE L'Hospitalet

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O seu irmán Jonathan, tamén futbolista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iván_Carril&oldid=4781925"