Iván I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iván I de Moscova
Píncipe de Pereslav (1304)
Gran Príncipe de Vladímir
(1328- 1340)
Gran Príncipe de Moscovia
(1325 – 1340)'
Ivan Kalita.jpg
Iván I Kalitá

Reinado 1328 - 1340
Nacemento 1288
Moscova
(Principado de Vladímir-Súzdal)
Falecemento 31 de marzo de 1340
Moscova
(Principado de Vladímir-Súzdal)
Predecesor Alexandre de Tver (Vladímir)
Iuri (Moscovia)
Sucesor Simeón I de Rusia
Cónxuxe/s Helena
Alexandra
Descendencia Simeón Ivánovich
Daniil Ivánovich
Fefinia Ivánovna
María Ivánovna
Iván Ivánovich
Andrei Ivánovich
Eudoxia Ivánovna
Fedosia Ivánovna
María Ivánovna
Proxenitores Daniel
María

O Kremlin de Iván Kalitá.

Iván I Danilovich Kalita (en ruso Ива́н I Дани́лович Калита́ ), nado en 1288 e Moscova e finado o 31 de marzo de 1340 na mesma cidade,[1] foi un monarca que reinou no Princpado de Pereslav (desde 1304), no de Vladímir (desde 1328) e no Moscovia (desde 1328), até a data da súa morte, en 1340.[2]

Uniu na súa persoa os principados de Moscovia, Vladímir e Nóvgorod.

O seu alcume de Kalit ("da bolsa·) provén da súa capacidade como recadador de tributos para os mongois da Horda de Ouro dirixida por Uzbeg, do cal era vasalo.[3])

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo dos fillos de Daniil Aleksandrovich. Converteuse en príncipe de Pereslavl en 1304. Sucedeu ao seu irmán en 1325 como príncipe de Moscova. En 1328 rendeuse ao khan Uzbeg Khan, da Horda de Ouro; o khan nomeouno Gran Príncipe de Moscova despois de depoñer ao anterior, Alexandre II Vladimirski de Tver.

O 4 de agosto de 1304 colocou a primeira pedra da Catedral da Asunción de Moscova que logo foi destruída debido ao seu estado ruinoso e substituída pola actual.

Asolou Tver con cerca de 50.000 homes, en nome do khan e despois de que os habitantes dese principado masacraran aos seus cobradores de triubutos. Tras esta fazaña, o khan concedeulle o título de Gran Príncipe de Moscova, de Vladímir e de toda a Rusia.

Iván non dubidou en buscar unha alianza co khan para protexerse das invasións lituanas.[4] A súa intención era a de expandir o seu principado polas terras rusas e gobernalas dun modo único baixo o seu cetro.

Logrou entenderse coa Horda de Ouro, explicando que un pobo que non viu nunca favorabelmente aos ocupantes, premíaos, e que pensaba que era mellor amigarse con eles. Non vacila el mesmo en tomar parte desa percepción. Tamén se apoia no clero e obtén o traslado da residencia do bispo metropolitano da Igrexa ortodoxa rusa Pedro (Pedro de Kiev), ruso de nacemento, e que gozaba dunha grande autoridade, desde Vladímir a Moscova en 1325; o sucesor de Pedro, o grego Theognostos (1328-1353) fixou definitivamente en Moscova a sede metropolitana.

Usou a súa riqueza, acumulada como recadador de tributos do khan, para dar préstamos aos principados rusos veciños. Estas cidades caeron gradualmente cada vez máis profundamente na débeda, unha condición que permitiría aos sucesores de Iván anexionalas. O pobo chamou a Iván "o compilador das terras rusas".

Comprou terras ao redor de Moscova, e moitos propietarios pobres venderon ás súas terras por vontade propia. Algúns deles mantiñan o dereito a gobernar nas súas terras en nome de Iván Kalitá. Dunha ou outra forma un bo número de cidades e pobos se uniron ao Principado de Moscova: Uglich en 1323, o principado de Belozero en 13281338, o Principado de Galich en 1340.

O maior éxito de Iván, porén, foi convencer ao khan en Sarai que o seu fillo primoxénito, Simeón o Orgulloso, debería sucedelo como Gran Príncipe de Vladímir; desde aquela, o importante principado case sempre pertenceu á casa gobernante de Moscova.

Á súa morte, ocorrida en 1341, deixou 26 cidades —entre as que se encontraban Moscova e Vladímir— ao seu fillo primoxénito Simeón, 23 cidades ao seu segundo fillo Iván, 21 a Andrei e outras 26 á su segunda esposa e aos seus fillos menores.

Está enterrado na Catedral do Arcanxo Miguel do Kremlin de Moscova.[1]

Unións e descendencia[editar | editar a fonte]

Representación de Iván I como santo.

Iván I casou en primeiras nupcias cunha certa Helena, falecida en 1331, que lle deu catro fillos:

En segundas nupcias casou con Alexandra, coa que tivo seis fillos:

  • Fefinia Ivánovna
  • María Ivánovna, que casou co Príncipee Konstantín de Rostov.
  • André Ivánovich
  • Eudoxia Ivánovna
  • Fedosia Ivánovna
  • María Ivánovna

Legado[editar | editar a fonte]

Baixo Iván Kalitá, Moscova foi crecendo rapidamente e a súa residencia no Kremlin converteuse na principal parte da cidade. A erección das construcións de madeira ou de pedra branca iniciouse no Kremlin. Foi construído un bo número de igrexas: a Catedral da Asunción, en 1326-1327; a igrexa de Iván da escaleira (San Xoán Clímaco), en 1329; a Catedral do Salvador, en 1330, e a Catedral do Arcanxo Miguel, en 1333, besta última é onde Iván I e os seus descendentes están enterrados.

Entre 1339 e 1340, Iván Kalitá erixiu unha nova fortaleza de carballo máis grande no outeiro de Borovitsky (onde se alza o Kremlin).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, (Academic International Press, 2000), p. 194.
  2. Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, p. 190.
  3. Basil Dmytryshyn, Medieval Russia: A source book, 850-1700, p. 195.
  4. S. C. Rowell, Lithuania Ascending: A Pagan Empire within East Central Europe, 1295-1345, (Cambridge University Press, 1994), p. 250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200¡¡. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  • Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
?
Príncipe de Pereslavl
1304 - 1340
Sucesor:
Simeón I de Rusia
Predecesor:
Alexandre de Tver
Gran Príncipe de Vladímir
1328 - 1340
Sucesor:
Simeón I de Rusia
Predecesor:
Iuri de Moscova
Gran Príncipe de Moscovia
1325 - 1340
Sucesor:
Simeón I de Rusia


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iván_I_de_Rusia&oldid=4858939"