Ivar Giaever

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ivar Giaever
Ivar Giaever.jpg
Nacemento5 de abril de 1929
 Bergen
NacionalidadeNoruega e Estados Unidos de América
Relixiónateísmo
Educado enInstituto Politécnico Rensselaer e Instituto Norueguês de Tecnologia
Ocupaciónfísico e profesor
PremiosBolsa Guggenheim, Gunnerus Medal, Premio Nobel de Física, Prêmio Oliver E. Buckley de Matéria Condensada e Onsager Medal
editar datos en Wikidata ]

Ivar Giaver, en noruegués escrito como Ivar Giæver, nado en Bergen o 5 de abril de 1929, é un físico estadounidense, de orixe norueguesa, galardoado en 1973 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Enxeñaría industrial no Instituto Tecnolóxico de Noruega, licenciándose en 1952 en física. En 1954 emigrou a Canadá, onde foi empregado da división canadense da General Electric, trasladándose dous anos despois aos Estados Unidos. Naqueles momentos estudou física no Instituto Politécnico Rensselaer, doutorándose en 1964, ano no que conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Interesado no efecto túnel sobre os semiconductores e superconductores, demostrou como o paso de electróns a través dun díodo cunha fina capa de óxido producía o fenómeno coñecido como supercondutividade. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Leo Esaki e Brian David Josephson polos seus traballos na física do estado sólido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ivar_Giaever&oldid=4938907"