Jürgen Untermann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Jürgen Untermann
Nacemento 24 de outubro de 1928
  Rheinfelden (Baden)
Falecemento 7 de febreiro de 2013
  Brauweiler
Nacionalidade Alemaña
Educado en Universidade de Tubinga e Universidade de Frankfurt
Ocupación lingüista, arqueólogo e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Jürgen Untermann, nado en Rheinfelden o 24 de outubro de 1928 e finado en Brauweiler o 7 de febreiro de 2013, foi un lingüista, indoeuropeísta, filólogo e epigrafista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo de Hans Krahe e de Ulrich Schmoll, estudou nas universidades de Frankfurt e de Tubinga, sendo Catedrático de Lingüística Comparada na Universidade de Colonia.

As súas investigacións centráronse no estudo das "linguas fragmentarias" ("Trümmersprachen") itálicas e paleohispánicas, chegando a ser considerado a máxima autoridade no estudo das linguas paleohispánicas, especialmente da lingua ibera, destacando a súa edición do corpus de inscricións paleohispánicas (Monumenta Linguarum Hispanicarum) e a súa sistematización da onomástica ibera.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Die vorgriechischen Sprachen Siziliens. Wiesbaden, 1958.
  • Die venetischen Personennamen . Wiesbaden, 1961.
  • Elementos de un atlas antroponímico de la Hispania Antigua. Madrid, 1965.
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum. I. Die Münzlegenden. Wiesbaden, 1975.
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum II: Die Inschriften in iberischer schrift aus Südfrankreich. Wiesbaden, 1980.
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum III: Die iberischen inschriften aus Spanien. Wiesbaden, 1990.
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum IV: Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen inschriften. Wiesbaden, 1997.
  • Wörterbuch des Oskisch-Umbrischen. Heidelberg, 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jürgen_Untermann&oldid=4578638"