John Maxwell Coetzee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "J.M. Coetzee")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
John Maxwell Coetzee
Nobel prize medal.svg
J.M. Coetzee.JPG
Nacemento 9 de febreiro de 1940
  Cidade do Cabo
Nacionalidade Suráfrica e Australia
Alma máter Universidade da Cidade do Cabo e Universidade do Texas em Austin
Ocupación lingüista, escritor, novelista, ensaísta, tradutor, libretista, guionista, catedrático de universidade e poeta
Coñecido/a por Life & Times of Michael K
Premios Premio Nobel de Literatura, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, James Tait Black Memorial Prize, Geoffrey Faber Memorial Prize, Prémio Femina estrangeiro, Premio Jerusalén e Prémio Man Booker
editar datos en Wikidata ]

John Maxwell Coetzee, nado en Cidade do Cabo en 1940, é un escritor surafricano, gañador do Premio Nobel de Literatura en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse nunha escola católica, estudou matemáticas e inglés na Universidade de Cidade do Cabo, en 1961 trasladouse a Inglaterra, onde traballou como programador de IBM. Oito anos despois realizou o doutoramento pola Universidade de Texas e ensinou inglés e literatura na Universidade de Buffalo ata 1971, ano no que se lle nega a residencia pola súa participación nas protestas contra a guerra de Vietnam, polo que volve a Suráfrica e ensina literatura inglesa na Universidade de Cidade do Cabo. En 2002 trasladouse a Adelaida (Australia) e o 6 de marzo de 2006 concedéuselle a cidadanía australiana.

Obra[editar | editar a fonte]

John M. Coetzee en Kraków (Polonia), o 9 de xuño de 2006.
  • Dusklands (1974)
  • In the Heart of the Country (1977)
  • Waiting for the Barbarians (1980)
  • Life & Times of Michael K (1983)
  • Foe (1986)
  • White Writing: On the Culture of Letters in South Africa (1988)
  • Age of Iron (1990)
  • Doubling the Point: Essays and Interviews (1992)
  • The Master of Petersburg (1994)
  • Giving Offense: Essays on Censorship (1997)
  • Boyhood: Scenes from Provincial Life (1998)
  • Disgrace (1999)
  • The Lives of Animals (1999)
  • Youth: Scenes from Provincial Life II (2002)
  • Stranger Shores: Literary Essays, 1986-1999 (2002)
  • Elizabeth Costello (2003)
  • Slow Man (2005)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_Maxwell_Coetzee&oldid=4718155"