Jamala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jamala
ESC2016 - Ukraine Meet & Greet 17.jpg
Nome completoSusana Jamaladynova
NacementoKirguizistán Osh, Kirguizistán
27 de agosto de 1983 (35 anos)
OrixeCrimea
OcupaciónCantante
Tempo en activo2005 - actualidade
Na rede
http://jamalamusic.com/
editar datos en Wikidata ]

Susana Jamaladynova (en ucraíno: Сусана Джамаладинова; en tártaro de Crimea: Susana Camaladinova), mellor coñecida como Jamala, é unha cantante kirguiz-ucraína.

Biografía[editar | editar a fonte]

Vida e estudos[editar | editar a fonte]

Ao igual que meirande parte da poboación tártaro-crimea, Jamala naceu en Kirguizistán, onde os seus familiares foron recolocados. Trala independencia da Ucraína regresou xunto coa súa familia a Crimea.

O interese de Jamala pola música vén da súa infancia. Aos 9 anos fixo o seu primeiro traballo musical como afeccionada e aos 12 comezou a cantar cancións folclóricas da súa rexión. Estudou piano na escola musical de Alushta. Tras graduarse, ingresou no Conservatorio Musical Tchaikovsky de Simferopol e de aí á Academia Nacional de Kiev onde aprendeu a cantar ópera.

Eurovisión[editar | editar a fonte]

En 2011 o seu tema "Smile" foi escollido para representar á Ucraína no Festival de Eurovisión 2011. Porén, un problema cos votos provocou certa controversia. Aínda que Jamala podía participar no festival, retirouse da competición.

O 21 de febreiro de 2016 foi escollida novamente para representar á Ucraína[1] e o 14 de maio de 2016 gañou o Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "1944".[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • For Every Heart (2011)
  • Live At Arena Concert Plaza (DVD en vivo, 2012)
  • All or Nothing (2013)
  • Thank You (2014)
  • Подих (2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vitória de Jamala é notícia nos jornais portugueses.". Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  2. "Ukraine wins Eurovision 2016" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2016. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jamala&oldid=4835815"