James Dewar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
James Dewar
Dewar James flask.jpg
Sir James Dewar
Datos persoais
Nacemento20 de setembro de 1842
LugarKincardine-on-Forth Escocia Escocia
Falecemento27 de marzo de 1923
(80 anos)
LugarLondres Inglaterra Inglaterra
ResidenciaLondres
NacionalidadeEscocia escocés
Actividade
CampoFísico e químico
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Director de teseLyon Playfair, 1st Baron Playfair
Contribucións e premios
Coñecido porosíxeno líquido
hidróxeno líquido
PremiosMedalla de ouro Hodgkins (Instituto Smithsoniano)
Medalla Lavoisier (Academia de Ciencias de Francia)
Albert Medal (Royal Society of Arts)
Medalla Rumford (1894)
Medalla Franklin (1919)
editar datos en Wikidata ]

James Dewar nado o 20 de setembro de 1842 en Kincardine-on-Forth (Escocia) e finado o 27 de marzo de 1923) en Londres, foi un físico e químico escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o máis novo de seis irmáns e quedou orfo de pai e nai aos 15 anos. Naceu en Kincardine-on-Forth e foi educado en Dollar Academy e na Universidade de Edimburgo, onde se graduó. Posteriormente converteríase en profesor na Universidade de Cambridge en 1875, facéndose membro da Royal Institution en 1877. Desenvolveu a fórmula química do benceno e realizou un extenso traballo no campo da espectroscopia durante máis de 25 anos. En 1891 descubriu o proceso para producir osíxeno líquido en cantidades industriais. Inventou un depósito illante, o vaso Dewar, para estudar os gases a baixas temperaturas. Usou este invento para transportar gases líquidos, como hidróxeno, en 1898. Tamén foi o primeiro en obter hidróxeno sólido En 1905 observou que o carbón frío podía producir baleiro. Esta técnica foi moi útil para a experimentación na física atómica.

Xunto con Sir Frederick Augustus Abel desenvolveu explosivos sen fume, cuxo nome común é cordita.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=James_Dewar&oldid=5109051"