James Tobin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
James Tobin
Nobel prize medal.svg
James Tobin.png
Nacemento5 de marzo de 1918
 Champaign
Falecemento11 de marzo de 2002 (84 anos)
 New Haven, Connecticut
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade Harvard e University Laboratory High School
Ocupacióneconomista, oficial, estatístico e profesor
PremiosAdam Smith Award, Medalha John Bates Clark, Harvard Centennial Medal, Premio Nobel de Economía, Sterling Professor e Ordem do Tesouro da Felicidade Sagrada
editar datos en Wikidata ]

James Tobin, nado en Champaign, Illinois, o 5 de marzo de 1918 e finado en New Haven o 11 de marzo de 2002, foi un economista keynesiano estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi Premio Nobel de Economía, membro do Consello de Asesores Económicos da Presidencia dos Estados Unidos e da Xunta de goberno do Sistema de Reserva Federal, profesor nas universidades de Harvard e Yale.

Cría que os gobernos deben intervir na economía co fin de estabilizar a produción total e evitar as recesións. O seu traballo académico incluía contribucións pioneiras ao estudo dos investimentos, a política monetaria e fiscal e os mercados financeiros. Inclusive propuxo un modelo econométrico para variábeis endóxenas censuradas, o modelo Tobin.

Fóra do mundo académico, é coñecido pola súa suxestión de gravar os fluxos de capitais, proposta actualmente coñecida como Taxa Tobin, que se converteu nun dos cabalos de batalla do altermundismo, aínda que o propio Tobin cría que se estaba abusando do seu nome e a súa idea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=James_Tobin&oldid=4680368"