Javier López Facal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier López Facal
Nacemento 3 de agosto de 1944
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Javier López Facal, nado en Toba (Cee), o 3 de agosto de 1944, é un lingüista galego, especialista en lexicografía e en grego.

Licenciado e doutorado en filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, especializouse no estudo da lingua grega antiga e en concreto nos casos en Heródoto. Como investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballou durante quince anos na elaboración dun dicionario grego-español aínda en elaboración, dirixido por Francisco Rodríguez Adrados. É profesor de investigación en política científica e xestión de I+D no CSIC e entre 1992 e 1994 foi secretario do Instituto Cervantes.

Como tradutor, destacan as súas traducións de clásicos da literatura grega, así como de varias obras do lingüista sueco Bertil Malmberg.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Mi lenguaje (libro de texto para EXB).
  • La presunta autoridad de los diccionarios (2010)

Traducións[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán do economista e político Xan López Facal.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Javier_López_Facal&oldid=4538507"