Javier Valcarce Ocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Valcarce Ocampo
Nacementoséculo XIX
 Lugo
Falecemento27 de febreiro de 1922
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, escritor e avogado
FillosJavier Valcarce García
editar datos en Wikidata ]

Javier Valcarce Ocampo, nado en Lugo e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1922, foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en El Estudiante e El Tricornio, que chegou a dirixir. En outubro de 1883 escribiulle a Rosalía de Castro para incluír neste xornal fragmentos de Cantares gallegos[1]. Foi tamén redactor de El Eco de Santiago e Gaceta de Galicia.

Tras pasar por Mugardos, Cuenca, León e Santiago, instalouse en Pontevedra, onde era oficial do Goberno Civil[2], colaborou en Diario de Pontevedra, El Ciclón, Galicia Recreativa e El Ángel del Hogar, usando en ocasións os pseudónimos Ervija[3], Juan José e Un xeiteiro[4].. En 1907 publicou La redención de foros, dedicado a Eduardo Vincenti e cun prólogo de Augusto González Besada, que gañou o Certamen Social y Literario de Pontevedra, convocado pola Asociación Protectora del Obrero, e que serviu como liña táctica para os inicios da loita agraria do Directorio de Teis.

Trasladouse despois a Palencia (1911) e finalmente á Coruña onde foi oficial primeiro do concello, funcionario do Goberno civil e colaborou en El Ideal Gallego coa sección "Prosas rimadas" asinando co pseudónimo Pifartos[5].

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

La redención de los foros, 1907, con prólogo de Augusto González Besada.
  • Luchar con el corazón, 1884.
  • El gran proyecto, 1888.
  • Pontevedra en el siglo XX, 1891.
  • Siluetas, 1893.
  • Palique, 1901.
  • Una noche en el infierno, 1906.
  • Soledad, 1908.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • María

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Flores de espino, 1900.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • La redención de foros, 1907.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Camila García e foi pai do tamén escritor Javier Valcarce García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Yordi, J. (1959). "Una carta a Rosalía". Boletín da Real Academia Galega. 333-338: 68. 
  2. Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018.
  3. Diario de Pontevedra, 13 de decembro de 1900, p. 2.
  4. El Áncora, 28 de febreiro de 1903, p. 2.
  5. El Progreso, 2-3-1922, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Javier_Valcarce_Ocampo&oldid=5021117"