Javier de la Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier de la Gándara
Medalla de Galiza.svg
Nacemento18 de febreiro de 1959
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista
editar datos en Wikidata ]

Javier de la Gándara Alonso, nado en Vigo o 18 de febreiro de 1959, é un regatista galego. Comezou a navegar en vela lixeira (nas clases Optimist, 420 e Moth Europa), e en windsurf (clase TDV), gañando catro campionatos de España (en 420 e TDV), antes de pasar á vela de cruceiro.

Vela de cruceiro[editar | editar a fonte]

En 1988, gañou a Regata Ruta do Descubrimento co iate da clase Maxi "Fortuna". Co "Turismo Rías Baixas", da clase ORC 670, gañou o Trofeo Zegna (2004), o Trofeo S.A.R. Infanta Elena (2005), a Regata Rías Baixas-Martín Codax (2006) e o Trofeo Conde de Gondomar (2008).[1]

Volta ao mundo a vela[editar | editar a fonte]

Participou como patrón en dúas edicións da volta ao mundo a vela:

  • Whitbread Round the World Race 1989-90. Coa "Fortuna Extra Lights" clasificouse en sétima posición.
  • Whitbread Round the World Race 1993-94. Co "Galicia 93 Pescanova" clasificouse en quinta posición.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Equipo de regatas Turismo Rias Baixas". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Javier_de_la_Gándara&oldid=5237612"