Illa de Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jersey")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bailiwick of Jersei

Bailliage de Jersei

Bailía de Jersey
Bandeira de Illa de Jersey
Escudo de Illa de Jersey
BandeiraEscudo
Europe-Jersey.svg
Himno: Ma Normandie
Capital
 • Poboación
Saint Helier
28.310
Cidade máis poboada Saint Helier
Lingua oficial Inglés, francés (o jèrriais recoñecido como idioma rexional)
Xefe de Estado

Tte. Gobernador Bailiff

Primeiro Ministro

Isabel II Tte.Xene. Andrew Ridgway Sir Philip Bailhache

Senador Frank Walker
Superficie Posto 219º
 • Total 116 km²
 • % auga 0
 • Total 87.186 (2001) hab.
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 167º
 • Total (2003) 3.600 millóns de USD
 • per cápita 40.000 USD (estimación de 2003)
Moeda Libra esterlina (?, GBP)1
IDH n/d
Xentilicio n/d
Fuso horario GMT
 • Horario de verán UTC 1
Dominio de Internet .je
Prefixo telefónico +44-1534
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
1Os Estados de Jersey emiten os seus propios billetes e moedas. Véxase libra de Jersey.
A illa de Jersey

A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita das súas posesións feudais no continente europeo pero conservou os seus illas na Canle da Mancha, incluíndo Jersey.

Como a Guernsey e as outras illas da Canle da Mancha, a economía de Jersey baséase nos servizos financeiros, o turismo e a agricultura. Nos Estados Unidos de América, o estado de Nova Jersey tomou o seu nome da illa de Jersey.

Como nas demais illas da Canle da Mancha a poboación nativa ten como lingua nai o francés, máis exactamente un subdialecto do dialecto normando; deste xeito a poboación nativa adoita chamar á súa illa: Jèrriais (pronuncia aproximada: "yerié").

Historia[editar | editar a fonte]

Política e goberno de Jersey[editar | editar a fonte]

A lexislatura elixida da illa chámase Os Estados de Jersey. Hai dous partidos organizados, a Alianza Democrática de Jersey (Jersey Democratic Alliance) e o Partido do Centro (Jersey) (Centre Party of Jersey); pero agora todos os deputados dos Estados de Jersey son independentes.

O xefe de goberno é un administrador electo chamado Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña. O actual Tenente Gobernador é Tenente Xeral Andrew Ridgway. Tamén hai un Xefe Ministro (Chief Minister), agora Frank Harrison Walker. Legalmente Jersey non forma parte integral do Reino Unido. Tradicionalmente a Raíña utiliza o titulo de Duque de Normandía en Jersey.

Jersey está dividido en "parishes" (parroquias); cada parish ten un condestable (inglés constable, francés connétable), elixido polos habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Jersey.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_de_Jersey&oldid=4753767"