Jesús Bal y Gay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Bal y Gay
Nome completoJesús Bal y Gay
Nacemento23 de xuño de 1905
 Lugo
Falecemento11 de marzo de 1993
 Torrelaguna, Madrid
NacionalidadeEspaña
Instrumento(s)Piano
Parella/sRosa García Ascot
editar datos en Wikidata ]

Jesús Bal y Gay, nado en Lugo o 23 de xuño de 1905 e finado en Torrelaguna (Madrid) o 11 de marzo de 1993, foi un músico, musicólogo e intelectual galego, unha das figuras significativas da coñecida como Xeración do 27.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cadro de persoal de Ronsel, onde aparece como redactor

Viviu a súa infancia e mocidade en Lugo. En 1924 vaise a Madrid e vive na Residencia de Estudiantes, onde toma contacto coa Institución Libre de Enseñanza e un ambiente de traballo que lle gusta e lle permite o seu desenvolvemento persoal. No 1926 comeza a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 vai a Cambridge mediante unha bolsa, lugar no que pasa 3 anos. Liga esta saída de España co seu exilio en México, a pesar de que o comezo da guerra civil cólleo, coa súa esposa, en Lugo. No exilio, ó que vai invitado polo presidente Lázaro Cárdenas, queda ata 27 anos despois, é dicir, ata o 1965. Nese ano volve a España, lugar no que morre en 1993.

O seu nome lémbrase no dunha residencia universitaria da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Hacia el ballet gallego (Lugo, 1924)
  • Folklore musical (de Melide) (Santiago, 1933)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Franco, Enrique (15 de marzo de 1993). "Muere en Madrid el musicólogo Jesús Bal y Gay". El País (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosa María Fernández García (2005). Bay y Gay. O seu pensamento antes de 1933. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-204-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Bal_y_Gay&oldid=5168178"