Jesús Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Barros
Nacemento1940
 A Gudiña
Falecemento3 de outubro de 2015
 A Gudiña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
editar datos en Wikidata ]

Jesús Barros Martínez, nado na Gudiña en 1940 e finado na mesma vila o 5 de outubro de 2015, foi un político galego de centro-dereita, alcalde da Gudiña e deputado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos donos dunha tenda de ultramarinos na Gudiña, profesionalmente foi empresario e empregado de banca, onde chegou a dirixir unha oficina do Banco Central Hispano.

Durante o franquismo foi designado alcalde da Gudiña en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas de 1979 encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1983 volveuse presentar, neste caso encabezando a candidatura de Coalición Galega, e de novo resultou elixido alcalde, se ben desta volta con maioría simple. Durante esa lexislatura simultaneou o cargo co de deputado provincial.

Nas eleccións de 1987 foi relevado por Guillermo Lago, se ben continuou como concelleiro e como tenente de alcalde. Despois de abandonar a corporación municipal afiliouse ao PPdeG, formación política á que continuou vencellado ata o remate da súa vida. Nas elección xerais de 1993 figurou na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, como número 3, e se ben non resultou elixido inicialmente, accedeu á Cámara Baixa en 1995 en substitución de Manuel Cabezas. Nas seguintes eleccións, en 1996 sucedeulle algo parecido: figurou de número 3, non foi elixido, pero acabou substituíndo, xa dende maio de 1996 a Jesús de Juana. Durante o seu paso polo Congreso foi un dos poñentes do cambio de denominación oficial das provincias de Ourense e da Coruña.


Predecesor:
'
 A Gudiña.svg
Alcalde da Gudiña
 
1973 - 1987
Sucesor:
Guillermo Lago

Vinculado durante moitos anos á Cruz Vermella como voluntario, logo da súa retirada da política foi vicepresidente da entidade na Ourense.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Galicia (categoría de bronce) en 2002.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo tres fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Barros&oldid=5304765"