Jesús Carballo García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Carballo García
Busto de bronce de Jesús Carballo García (1874-1961).jpg
Nacemento1874
 Santiago de Compostela
Falecemento1961
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarqueólogo
editar datos en Wikidata ]

Jesús Carballo García, tamén coñecido como Jesús Carvallo García e Jesús Carballo Taboada, nado en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1874 e finado en Santander o 30 de novembro de 1961, foi un arqueólogo que traballou principalmente en Santander (Cantabria) ó longo de máis de medio século.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou orixinalmente a carreira eclesiástica como salesiano, pasando logo á clerecía secular incardinado no bispado de Burgo de Osma, e formándose en Ciencias Naturais, nas que chegou a doutorarse pola Universidade de Madrid. Ademais de coñecido arqueólogo no ámbito local santanderino, era tamén virtuoso músico e políglota, e escribiu algunhas novelas históricas sobre escenarios prehistóricos e protohistóricos.

Portada do libro Prehistoria.

Á súa chegada a Santander foille encomendada a dirección do novo colexio salesiano, que se encontraba aínda en construción. Foi o creador en Santander da Sección de Espeleoloxía da Real Sociedad Española de Historia Natural, e ostentaba ser o primeiro en España en utilizar esta terminoloxía para referirse á ciencia encargada de estudar as cavidades naturais. Unha das súas principais achegas culturais foi a creación do actual Museo Regional de Prehistoria y Arqueología de Cantabria, inaugurado en 1926. Estudou diversas covas e xacementos paleolíticos, protohistóricos e romanos, e algúns xacementos paleontolóxicos do Cuaternario, principalmente de Cantabria. Son destacables as súas actuacións na Cova de El Pendo (co doutor Blas Larín) e na cidade romana de Xulióbriga (coa colaboración do arqueólogo Vicente Ruiz Argilés), ámbalas dúas en Cantabria. Nunha das súas viaxes por motivos de saúde descubriu unha serie de pinturas na Cova de Ibeas (Serra de Atapuerca, Burgos).

Foi membro do Centro de Estudios Montañés, comisario provincial de escavacións arqueolóxicas, director do Museo Provincial de Prehistoria, e membro de entidades relacionadas co patrimonio arqueolóxico.

Morreu en Santander o 30 de novembro de 1961 tras unha longa e prolífica traxectoria profesional e literaria, de destacada vocación divulgadora. A cidade propuxo en 2007 trasladar os seus restos ó Panteón de Hombres Ilustres do camposanto santanderino.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Prehistoria Universal y Especial de España. Imprenta Vda. L. del Horno. Madrid. (1924).
  • El Rey de los Trogloditas. Santander. (1949).
  • Descubrimiento de la cueva y pinturas de Altamira por don Marcelino S. de Sautuola. Santander. Patronato de las Cuevas Prehistóricas. (1950).
  • Marcelino Sanz de Sautuola. Antología de Escritores y Artistas Montañeses, t. XIV. Santander. (1950).
  • Fida, la hija del último druida galaico. Aldus, S.A. Santander. (1951).
  • La Cueva de Altamira y otras cuevas con pinturas en la Provincia de Santander. 2ª edición ampliada. Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia de Santander. Santander. (1951).
  • La caverna de Las Monedas y sus interesantes pinturas. Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia de Santander. Santander. (En colaboración con Alfredo García Lorenzo).(1953).
  • Investigaciones Prehistóricas. Diputación Provincial. Santander. (1957).
  • Investigaciones Prehistóricas, II. Diputación Provincial. Santander. (1960).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madariaga de la Campa, B. e Balbuena, C.: El Instituto de Santander (Estudios y documentos). Institución Cultural de Cantabria. Santander. (1971).
  • Montes Barquín, R. e Sanguino González, J. (Directores): La Cueva de El Pendo. Actuaciones arqueológicas 1994-2000. Concello de Camargo, Goberno de Cantabria, Asemblea de Cantabria. Santander. (2001).
  • Crespo López, M.: Jesús Carballo Taboada: apuntes biográficos, bibliografía y documentos inéditos de su época salesiana (1873-1913). Altamira: Revista del Centro de Estudios Montañeses, ISSN 0211-4003, Nº 56. (2000).
  • Moure Romanillo, A.: Prehistoria de Cantabria: más de un siglo de historiografía y bibliografía. En: Suárez Cortina, M. (ed.): Historia de Cantabria: un siglo de historiografía y bibliografía (1900-1994), t. I: 37-68. Fundación Marcelino Botín. Santander. (1995).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Carballo_García&oldid=4660799"