Jesús Fernández Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Fernández Suárez
Nome completoJesús Fernández Suárez
AlcumeFranco Leal
Nacemento1854
 Pontevedra
Falecemento24 de xuño de 1930
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Jesús Fernández Suárez, nado en Pontevedra cara a 1854[1] e finado en Santiago de Compostela o 24 de xuño de 1930, foi un avogado e xornalista galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Tui, onde cursou o grao de Teoloxía. Abandonou a carreira eclesiástica para estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela,[2] onde foi compañeiro de estudos de Juan Vázquez de Mella, o Marqués de Figueroa, Juan Barcia Caballero, Alfredo Brañas, José González Salgado, Antonio Toledo Quintela e outros. Con eles figurou na Juventud Católica.[3]

Desde 1880 ata a súa morte foio notario de Santiago de Compostela,[2][4] labor que compatibilizou co xornalismo. Escribiu nos periódicos tradicionalistas santiagueses El Pensamiento Galaico e El Pensamiento Gallego, primeiro con Vázquez de Mella e despois con Mariano Jamardo e Ramón Gallego, destacando como polemista e dando mostras do seu entusiasmo pola causa carlista, que defendeu toda a súa vida.[3] Asinaba co pseudónimo Franco Leal. Colaborou tamén noutros periódicos e revistas de España,[2] como o diario madrileño El Correo Español, órgano da Comuñón Tradicionalista.[4]

En Santiago tamén mantivo xunto con Mella e Jamardo institucións como o Ateneo de León XIII e outros periódicos como El Libredón e a revista Galicia Católica.[5] En 1889 formou parte da Asociación Regionalista Gallega, constituída baixo a presidencia de Manuel Murguía.[6]

Os concellos e deputacións de Galicia solicitaron para el a Medalla do Traballo, pero faleceu antes de que se rematase a tramitación do expediente. Formou parte do Patronato do Reformatorio de Menores de Santiago como secretario.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Luisa Nóvoa Álvarez, con quen tivo oito fillos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Certificado de defunción de Jesús Fernández Suárez". Rexistro Civil de Santiago. 25 de xuño de 1930. 
  2. 2,02,12,2 "Muertos prestigiosos". Vida gallega: 43. 10 de xullo de 1930. 
  3. 3,03,13,2 "D. Jesús Fernández Suárez". El Eco de Santiago: 1. 25 de xuño de 1930. 
  4. 4,04,1 "Don Jesús Fernández Suárez". El Compostelano: 3. 24 de xuño de 1930. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de abril de 2018. 
  5. Rodríguez Iglesias, Francisco; Pérez Negreira, María del Mar (1991). Galicia. Historia. Tomo VII. Historia Contemporánea. Política (Siglo XIX). Hércules de Ediciones. p. 470. 
  6. Rodríguez Iglesias, Francisco; Pérez Negreira, María del Mar (1991). Galicia. Historia. Tomo VII. Historia Contemporánea. Política (Siglo XIX). Hércules de Ediciones. p. 473. 
  7. "Esquela de Jesús Fernández Suárez". El Compostelano: 2. 25 de xuño de 1930. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de abril de 2018. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Fernández_Suárez&oldid=4859335"