Jesús Silva Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jesús Silva Méndez
Nacemento 1933
  Ourense
Falecemento 2 de setembro de 2011
  Ourense
Nacionalidade España
Relixión Igrexa católica
Ocupación sacerdote e circus director
Coñecido/a por Benposta
Premios Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

Jesús César Silva Méndez, coñecido como o Cura Silva, nado en Ourense en 1933 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 2011, foi un sacerdote católico galego, fundador e director de Benposta Nación de Muchachos, no lugar de Bemposta, pertencente á parroquia ourensá de Seixalbo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jesús Silva é coñecido pola súa labor de dirección de Benposta Nación de Muchachos, entidade educativa que desempeñou o seu traballo entre nenos e rapaces de substratos sociais desfavorecidos, en particular entre aqueles afectados pola pobreza ou a violencia. O paso por Bemposta de nenos estranxeiros posibilitou a fundación de filiais noutros países, como Portugal, Venezuela e Colombia.

O cura Silva recibiu o premio Rafael Bárez concedido pola Asociación Xustiza e Sociedade de Galicia, en recoñecemento ao seu traballo. En tres ocasións foi proposto por países como Israel ou Xapón para o Premio Nobel da Paz[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Benposta Nación de Muchachos veu funcionando dende 1957 na súa sé ourensá. Tiña entre os seus fins o ensino, a investigación e o desenvolvemento da cultura, a educación, as artes e as ciencias, así como a asistencia na educación, os dereitos, a cultura, a investigación e o desenvolvemento integral de todos los nenos e nenas, adolescentes e mozos no ámbito nacional e internacional. Unha serie de desencontros coa administración autonómica, alén dos seus propios problemas financeiros, forzaron o seu peche no ano 2003.

A idea fundamental das escolas de Benposta é promover o desenvolvemento físico e espiritual dos cativos, pero sen unha orientación relixiosa definida. Como parte da súa educación o neno toma parte nas tarefas de mantemento e xestión do complexo escolar. Empregan métodos pedagóxicos próximos aos das Escolas democráticas, defendendo a participación libre do neno nos procesos de toma de decisións. As escolas de Benposta Nación de Muchachos contan co seu alcalde, co seu parlamento e mesmo coa súa moeda propia.

Benposta Ourense contou durante anos coa súa emisora de televisión local, a Ourense Televisión Benposta. Asemade o centro ourensán foi coñecido por manter dende 1963 unha escola de artes acrobáticas e circenses, a segunda de Europa, na que participan e traballan nenos de todas a idades. Nesta escola fórmanse os rapaces que participan no coñecido como Circo de los Muchachos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Ciudad de los Muchachos fue un país dentro de un país", entrevista en Diario de Navarra, 25 de abril de 2009 (consultado o 15 de febreiro de 2010) (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Silva_Méndez&oldid=4898805"