Jesús Vázquez Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Vázquez Gayoso
Nacemento5 de abril de 1909
 Vilaoudriz, A Pontenova
Falecemento9 de maio de 1970
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, escritor e político
editar datos en Wikidata ]

Jesús Vázquez Gayoso, nado en Vilaoudriz (A Pontenova) o 5 de abril de 1909 e finado en Cidade de México o 9 de maio de 1970, foi un avogado, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Vázquez Vázquez. Estudou Dereito na Universidade de Oviedo e doutorouse na Universidade Central de Madrid en 1931, especializouse en dereito indiano. Foi axudante de clases prácticas na Facultade de Dereito e técnico do Instituto de Reformas Agrarias[1]. Colaborou en Las Riberas del Eo. Participou en política, militando no Partido Radical Socialista polo que se presentou ás eleccións de novembro de 1933 pola provincia de Lugo e figurando en 1934 entre os fundadores de Izquierda Republicana. Ao estalar a Guerra Civil Española foi nomeado secretario técnico de gobernación e alistouse voluntario no Corpo de Carabineros, no que chegou a comandante. Cando rematou o conflito atravesou os Pireneos a pe[2] e pasou a Francia, desde onde marchou á Habana en xuño de 1939.

Comezou a colaborar no diario Pueblo (ás veces co pseudónimo Antón D'Alence), con Álvaro de Albornoz fundou a revista antifranquista Nuestra España e foi profesor de dereito na Universidade da Habana. En xaneiro de 1940 foi nomeado presidente de Amigos de la República Española e tamén foi profesor de dereito da Universidade de Panamá (1941-1945) e da de Caracas (1945-1951). En 1945 foi nomeado cónsul xeneral en Caracas do goberno da República española no exilio, cargo que aproveitou para mellorar as condicións dos refuxiados españois en toda América Latina e conseguir os visados[3]. Despois do golpe de estado contra Rómulo Gallegos en 1948 marchou a México, onde residiu ata a súa morte. A partir de 1959 formou parte do Consello Supremo da organización antifranquista España Errante. Foi ministro delegado no goberno republicano no exilio de Emilio Herrera Linares (1960-1962).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Visión de un mundo nuevo: Mensajes de España, 1941 (con prólogo de Álvaro de Albornoz).
  • Luz en el alma, 1969 (publicado baixo o pseudónimo Antón D'Alence).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jesús Vázquez Gayoso. Evocación y homenaje" por Alfonso Ayensa en España Libre, 1-5-1971, p. 3.
  2. Historical Background
  3. Exiliados, víctimas del olvido en progreso.es, 30 de maio de 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jesús_Vázquez_Gayoso&oldid=4699550"