Joaquín Sarmiento Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Sarmiento Garra
Nacemento1912
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Sarmiento Garra, nado en 1912, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Falanxista dende 1934, foi fundador de Falange Española en Ponteareas. Foi xefe das Milicias de Falange en Ourense antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Voluntario falanxista na guerra civil alcanzou o grao de tenente. Foi Xefe provincial de Prensa e Propaganda de FET y de las JONS en Ourense.[1] En 1945 foi nomeado inspector provincial de FET y de las JONS para a Zona de Santiago de Compostela.[2] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1946, permanecendo no posto ata 1949. Posteriormente foi nomeado alcalde de Ponteareas (1960-1965). En xullo de 1954 sufriu un accidente de motocicleta ao chocar contra un automóbil (no que viaxaba o xornalista José Rey-Alvite Feás), resultando con feridas de consideración[3].


Predecesor:
Jorge de la Riva Barba
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1946 - 1949
Sucesor:
Enrique Otero Aenlle
Predecesor:
Daniel Ojea Sarmiento
 Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcalde de Ponteareas
 
1960 - 1965
Sucesor:
Juan Antonio Candeira Blanco

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía en La Noche, 3-6-1946, p. 1
  2. La Voz de Galicia, 2-3-1945.
  3. ABC, 10-7-1954, p. 37.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Joaquín_Sarmiento_Garra&oldid=4724648"