Johan Servando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142.

Johan Servando foi un xograr posibelmente galego, activo no terceiro cuartel do século XIII.

Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)[1].

É autor de 22 textos: 2 cantigas de amor, 16 cantigas de amigo (case todas elas cantigas de romería, adicadas á ermida de San Servando), 1 descort, 3 cantigas de escarnio, dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato. Destas cantigas satíricas parece entenderse que frecuentou a corte castelá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oliveira, António Resende de: (1994), Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa, Edições Colibri, p. 369 (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Johan_Servando&oldid=5005840"