John Anderson (naturalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Anderson
Anderson John 1833-1900.png
John Anderson
Nacemento4 de outubro de 1833
 Edimburgo
Falecemento15 de agosto de 1900 (66 anos)
 Buxton
SoterradoCemitério de Dean
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónzoólogo, anatomista, explorador, curador, naturalista, catedrático de universidade e ornitólogo
PremiosFellow of the Zoological Society, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, Irmandade da Real Sociedade Geográfica e Fellow of the Linnean Society of London
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Anderson en Edimburgo.

John Anderson, nado o 4 de outubro de 1833 en Edimburgo (Escocia), e finado o 15 de agosto de 1900 en Buxton, Derbyshire (Inglaterra), foi un naturalista e médico escocés, que desenvolveu a súa actividade profesional na India.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Anderson cursou estudos de medicina na universidade da súa cidade natal, Edimburgo, doutorándose en 1861 cunha tese sobre zooloxía. Inicialmente dedicouse ao estudo dos mamíferos mariños, a partir dalgúns exemplares varados nas costas de Escocia, e publicou varos artigos en Annals and Magazine of Natural History.[1]

Estivo dous anos impartindo clases no Free Church College de Edimburgo, pero en 1864 partiu para a India, para reunirse co seu irmán en Calcuta. En 1865 foi nomeado director do recentemente creado Museo de Historia Natural da India. Alí achega as súas propias coleccións con exemplares recollidos en diversas rexións da India.

Participou, en 1868, como médico e naturalista, nunha expedición a Birmania e a Yunnan (no sueste da China), e despois nunha segunda en 1875.[2] Esta expedición permitiulle recoller espécimes do golfiño Irrawaddy, Orcaella brevirostris que comparou con Orcaella fluminalis e co golfiño do Ganxes, Plantanista gangetica.[1][3]

Retirouse das súas funcións en 1876 e retornou a Gran Bretaña. Posteriormente estivo en Alxeria en 1889 e, despois en Exipto, onde problemas de saúde obrigárono a pasar moito tempo.[1]

Acumulou unha vasta colección que lle permitiu redactar as súas famosas publicacións sobre a fauna exipcia co título Zoology of Egypt. Contrariamente a moitos dos seus contemporáneos, foi sobre todo un naturalista sobre o terreo. As súas publicacións, nas cales menciona referencias xeográficas e zoolóxicas precisas, son a proba.

Entre outras, describiu a especie de balea Balaenoptera edeni e, entre as que lle foron dedicadas, está Sacculina andersoni Giard, 1887, un cirrípede parasito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Moore, D. T. (2004): "Anderson, John (1833–1900)" en Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  2. Smith, M. A. (1931). Taylor and Francis, ed. Fauna of British India. Reptilia and Amphibia. Volume 1. London. p. 10. 
  3. Alcock, A (1901). "John Anderson, FRS". Proceedings of the Asiatic Society of Bengal 1902: 40–44. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_Anderson_(naturalista)&oldid=4778987"