John Barrymore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Barrymore
Portrait of John Barrymore.jpg
Barrymore en 1920
Nome completo John Sidney Blyth
Alcume/outros The Great Profile (O Gran Perfil)
Nacemento 14 ou 15 de febreiro de 1882
Lugar Filadelfia, Pensilvania
Falecemento 29 de maio de 1942 (60 anos)
Lugar Os Ánxeles, California
Causa Cirrose hepática, Insuficiência renal e Pneumonía
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Katherine Corri Harris
Blanche Oelrichs
Dolores Costello
Elaine Barrie
Fillos Diana Barrymore
Dolores Ethel Mae Barrymore
John Drew Barrymore
Profesión Actor de teatro, cine e radio
Período 1903–1942

John Barrymore, nado como John Sidney Blyth en Filadelfia (Pensilvania) o 14 ou 15 de febreiro de 1882 e finado nos Ánxeles (California) o 29 de maio de 1942, foi un actor estadounidense de teatro, cine e radio. Membro das familias de actores Drew e Barrymore (cuxo representante actual máis coñecido é Drew Barrymore), tentou afastarse inicialmente da actuación probando unha carreira como artista, malia que no 1900 actuou no teatro xunto ó seu pai Maurice Barrymore e posteriormente coa súa irmá Ethel no ano seguinte. Comezou a súa carreira oficialmente no ano 1903 gañando atención como actor de teatro en comedias lixeiras nos comezos, pasando por representacións de varias obras dramáticas ata culminar nas producións de Justice (1916), Richard III (1920) e Hamlet (1922).

Após do seu éxito coa obra de Hamlet en Londres no ano 1925, Barrymore deixou o teatro durante uns 14 anos, centrándose ó completo no cinema. Na época do cine mudo obtivo unha boa recepción con filmes como Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1920), Sherlock Holmes (1922) e The Sea Beast (1926). Foi durante este período onde recibiu o alcume de "o Gran Perfil". A súa voz, traballada no teatro, foi unha baza para el nos comezos do cine sonoro, e tres dos seus filmes desta época chegaron a ser introducidos no National Film Registry: Grand Hotel (1932), Twentieth Century (1934) e Midnight (1939).

A súa vida persoal foi un foco de atención dos medios tanto antes do seu pasamento coma posteriormente. Tivo problemas de alcoholismo dende os catorce anos de idade, casou e divorciouse en catro ocasións, e nos últimos anos da súa vida declarouse en bancarrota. Gran parte dos seus últimos traballos incluían a parodia de si mesmo e o retrato de artistas acabados bébedos. O seu obituario no The Washington Post indicou que "co paso dos anos – e segundo a súa vida privada se foi volvendo máis pública – converteuse, malia o seu xenio no teatro, nun personaxe de prensa amarela".[1] Malia que varios historiadores do cinema opinaron que a súa contribución o medio comezou a esvaecerse após de mediados dos anos 1930,[2] un dos seus biógrafos, Martin Norden, considerouno como "probablemente o actor máis influente e idolatrado do seu tempo".[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

John Barrymore naceu como John Sidney Blyth o 14 ou 15 de febreiro de 1882 en Filadelfia,[a] coñecido pola súa familia e amigos como "Jack".[7][5][a] Tivo dous irmáns maiores, Lionel (1878-1954) e Ethel (1879-1959).[5] O seu pai era Maurice Barrymore, un actor británico de orixe india nado como Herbert Blyth, que adoptou o nome artístico de Barrymore tras velo nun póster no Haymarket Theatre de Londres.[8][9] A nai de John, Georgiana Drew Barrymore, naceu no seo dunha prominente familia de actores. Os avós de John por parte materna foran Louisa Lane Drew, unha actriz norteaméricana de sona no século 19 e directora do Arch Street Theatre, e John Drew, actor tamén, especializado na comedia.[b] Os seus tíos por parte materna eran actores dramáticos tamén, John Drew, Jr. e Sidney.[11]

Maurice Barrymore.jpg
Georgiana Drew by Sarony.jpg


Maurice e Georgiana, pais de Barrymore

En outubro de 1882 a familia realizou unha xira polos Estados Unidos xunto coa actriz polaca Helena Modjeska. Ó ano seguinte os seus pais volveron facer unha nova xira xunto a Modjeska, pero sen levar consigo os seus fillos.[12] Modjeska tiña influencia na familia, e insistiulles que bautizasen os seus tres fillos dentro da igrexa católica.[13] En 1884 a familia viaxou ata Londres como parte da compañía de teatro de Augustin Daly, retornando ós Estados Unidos dous anos despois.[14] De pequeno Barrymore adoitaba ter un mal comportamento, polo que os seus pais o enviaron a varios internados nun intento de instilarlle disciplina, estratexia que non sempre deu resultado e que fixo que asistise a varias escolas de primaria nun total de catro estados.[15] Unha das primeiras escolas ás que asistiu era o anexo para rapaces do Convento de Notre Dame en Filadelfia, onde nunha ocasión recibiu o castigo de ler unha copia do Inferno de Dante. Nunha declaración posterior Barrymore afirmou que tras ver as ilustracións de Gustave Doré, "espertou o meu interese, e naceu un novo desexo en min; quixen ser artista".[16][17] Foi expulsado desta escola en 1891, enviado a Seton Hall Preparatory School de Nova Jersey, escola da que Lionel xa era alumno.[16] Barrymore non se sentiu feliz en Seton e posteriormente asistiu a varias escolas públicas en Nova York, incluíndo a Academia Militar Mount Pleasant.[15][18]

En 1892 o negocio da súa avoa, Louisa Drew, comezou a ter problemas e perdeu o control do seu teatro, o que provocou unha perturbación na súa familia. Ó ano seguinte, cando John tiña 11 anos, a súa nai faleceu por mor dunha tuberculose. John case non tivera trato con ela por mor da súa ausencia nas escolas e das xiras constantes da súa nai, polo que a súa avoa era quen se ocupaba da súa crianza.[15] A perda de ingresos obrigou tanto a Ethel, naquel entón con 14 anos, coma a Lionel con 15 anos de idade, a procurar traballo como actores profesionais.[19] O pai de John adoitaba estar ausente do fogar familiar durante as xiras, e cando volvía delas pasaba a maior parte do tempo no club de actores The Lambs en Nova York.[15]

En 1895 Barrymore entrou na Georgetown Preparatory School, naquel entón situada no campus da Universidade de Georgetown, pero foi expulsado dous anos despois en novembro de 1897, probablemente por ter sido visto nun bordel.[20] Un dos seus biógrafos, Michael A. Morrison, expuxo unha teoría alternativa na que indicaba que Barrymore fora expulsado tras ser visto bébedo por parte dun empregado da escola.[21] No momento que marchou de Georgetown, segundo Martin Norden, "xa estaba nas primeiras fases dun problema crónico coa bebida".[15][c] Ese mesmo ano Barrymore perdeu a virxindade tras ser seducido pola súa madrasta, Mamie Floyd,[22][24][d] e en agosto faleceu a súa avoa, o principal modelo feminino na súa vida.[26]

Barrymore viaxou a Inglaterra xunto a seu pai en 1898, entrando no King's College School de Wimbledon. Un ano despois uniuse a Slade School of Fine Art para estudar literatura e arte. Segundo Margot Peters, tras un ano de estudo formal deixou a escola e "adicou gran parte do tempo que estivo en Londres a aventuras bohemias e nocturnas".[27] Volveu a Nova York no verán de 1900, comezando a traballar en novembro como ilustrador no The New York Evening Journal, cun salario de 50$ á semana.[28] Nese mesmo ano o seu pai convenceuno para que actuase xunto a el en varias representacións dunha obra curta, "A Man of the World". Volveu a actuar nesta obra ó ano seguinte, pero consideraba esta experiencia como forma de suplementar os seus ingresos no lugar dunha posible carreira futura.[24][3] En outubro de 1901 Ethel estaba actuando en Filadelfia na obra Captain Jinks of the Horse Marines cando un dos actores máis xoves pasou a non estar dispoñible temporalmente. Ethel convenceu ó director da obra de que Barrymore tomase o papel dese personaxe secundario, e John viaxou dende Nova York para participar na obra, aprendendo as súas liñas de diálogo no propio tren. No primeiro acto detívose a medio diálogo, incapaz de recordar o texto, e preguntoulle á audiencia e ós outros actores "Escaralleino. Como seguimos con isto?", o que deu lugar a que o elenco tivese que improvisar o resto da esecena.[29]

En marzo de 1901 o seu pai tivo un colapso mental por mor dunha sífilis en fase terciaria, e Barrymore levouno ata o hospital Bellevue.[30][31] Posteriormente foi trasladado a unha institución privada en Amityville, Long Island, onde sufriu unha rápida deterioración da súa condición mental.[32][e] A Encyclopedia of World Biography afirma que Barrymore estaba constantemente preocupado pola situación do seu pai,[34] e o seu amigo achegado Gene Fowler afirmou que "o sombrío matiz da perda da razón do seu pai nunca morreu de todo na mente de Barrymore, perseguido polo medo de que podería sufrir o mesmo destino".[35] Ese mesmo ano Barrymore comezou unha relación coa modelo e aspirante a actriz Evelyn Nesbit, que era á súa vez amante do arquitecto Stanford White.[36][37] En 1906 o naquel entón marido de Nesbit, o millonario de Pittsburgh Harry K. Thaw, disparoulle a White en público. Barrymore ía testificar no xuízo por asasinato de Thaw en relación á falta de moralidade de Nesbit, e preocupáballe que lle poderían preguntar se el era responsable do aborto de Nesbit. Porén, Barrymore non chegou a ser chamado a xuízo como testemuña xa que Thaw foi declarado non culpable por atoparse baixo unha loucura transitoria.[38]

En maio de 1902 Barrymore foi despedido do seu traballo de ilustrador tras producir un debuxo pobre para o xornal estando de resaca. Pasou un tempo traballando como deseñador de carteis pero este traballo non era o suficientemente lucrativo para igualar o seu estilo de vida, financiado en parte por Ethel, quen tamén pagaba polos coidados do seu pai.[39][40] Nunha ocasión, debatendo sobre o seu futuro co seu irmán, Barrymore dixo: "semella que terei que sucumbir á maldición da familia, actuar",[39] e máis adiante chegou a admitir que comezara a actuar pola necesidade de ingresos.[41]

Comezos da carreira teatral[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita, Barrymore coa súa irmá Ethel e o seu irmán Lionel en 1904.[f]

Barrymore púxose en contacto con Charles Frohman, produtor da obra Captain Jinks que xa traballara coa súa nai Georgiana unha década antes. Frohman considerou que Barrymore tiña potencial para a comedia pero que precisaba de máis experiencia antes de estrearse en Broadway.[39] Barrymore uniuse en outubro de 1903 á compañía de teatro de McKee Rankin, sogro de Sidney Drew, para unha serie de actuacións en Chicago no the W. S. Cleveland Theatre, dentro da xira que estaban facendo. Actuou no papel secundario do tenente Max von Wendlowski na obra Magda,[43] e posteriormente en novembro para a produción de Leah the Forsaken tomou o pequeno papel de Max, un "parvo da vila" que só tiña unha liña de diálogo na obra.[44]

Un ano despois participou na súa primeira produción de Broadway, nun pequeno papel para a comedia Glad of It, que tivo poucas representacións. Tras esta obra participou no papel de Charles Hyne na comedia The Dictator representada no Criterion Theatre, que tiña como protagonista a William Collier.[4][45] Durante as representacións desta obra e da subsecuente xira polos Estados Unidos, Collier pasou a ser o mentor do xove Barrymore, malia os problemas coa bebida deste último, que chegou a faltar a algunhas actuacións e aparecer bébedo noutras e mantiña en xeral un mal comportamento profesional.[46][47] Collier fixo de profesor para Barrymore, ensinándolle o concepto da cadencia na comedia, mais segundo Hollis Alpert "en ocasións arrepentíase do patrocinio do seu aprendiz".[48] En marzo de 1905, mentres The Dictator estaba en cartel en Buffalo, o pai de Barrymore faleceu en Amityville e foi soterrado no cementerio Glenwood de Filadelfia.[49][50] Tras finalizar a xira polos Estados Unidos, a xira de The Dictator continuou en Gran Bretaña a partir de abril de 1905, con representacións no Comedy Theatre. Segundo un crítico do xornal The Observer, nesta obra Barrymore "secundou de forma admirable" a Collier.[51][52]

De volta nos Estados Unidos Barrymore actuou no Criterion Theatre en dúas obras de J. M. Barrie: representou un pallaso na obra Pantaloon xunto co seu irmán, e a Stephen Rollo na obra Alice Sit-by-the-Fire xunto coa súa irmá. Ámbalas dúas obras tiveron unha serie de 81 representacións dende decembro de 1905, e posteriormente comezaron unha xira.[53][54] Barrymore continuaba bebendo e amosando unha falta de disciplina, o que afectaba a súa actuación. A súa irmá Ethel estaba anoxada con el e os produtores despedírono do espectáculo, contratándoo de novo ó día seguinte como forma de darlle unha lección.[54] Tras unha xira polos Estados Unidos e Australia xunto a Collier coas obras On the Quiet e The Dictator, Barrymore uniuse a súa irmá na comedia de 1907 His Excellency the Governor representada no Empire Theatre.[g] Recibiu críticas mixtas polas súas actuacións nesta obra, e o xornal The Wichita Daily Eagle comentou que "Semella que Barrymore tenta imitar demasiado a John Drew como para chegar a ser un bo actor. Porque non imita o xove Barrymore a un actor real se debe copiar a alguén?".[56]

Barrymore coa súa primeira esposa, a actriz Katherine Corri Harris, en 1911

Barrymore obtivo o seu primeiro papel protagonista a comezos de 1907, na comedia The Boys of Company B no Lyceum Theatre. Malia ter unha boa recepción por parte da crítica – The Washington Post indicou que "os críticos cualificaron a súa obra de sorprendentemente intelixente alí onde actuou"[57] – en ocasións continou demostrando un comportamento pouco profesional no escenario, recibindo a reprimenda de John Drew nunha ocasión na que este asistiu a unha das representacións.[58] Tras unha breve serie de representacións da obra Toddles no Garrick Theatre, Barrymore obtivo o papel protagonista de Mac na obra A Stubborn Cinderella, tanto para unha xira coma no Broadway Theatre de Boston. Pasou de gañar uns 50$ por semana nos seus empregos previos a ter uns ingresos de 175$ semanais.[h] Tivo unha breve aparición en The Candy Shop a mediados de 1909 antes de actuar no papel protagonista da obra de Winchell Smith titulada The Fortune Hunter, no Gaiety Theatre en setembro dese mesmo ano. Este foi o papel que mantivo durante máis tempo, actuando en 345 representacións ata maio de 1911, primeiro no Gaiety Theatre de Nova York e posteriormente de xira.[60] O crítico do The New York Times naquel entón dixo da obra que tiña "un bo espírito de comedia por parte de John Barrymore ... que deu sinais inequívocos de crecemento".[61]

A mediados de 1910 Barrymore coñeceu a Katherine Corri Harris, membro da alta sociedade, con quen casou en setembro dese mesmo ano. O pai de Harris opoñíase á súa relación e non asistiu á voda.[62] Pouco despois da cerimonia comezou unha xira de The Dictator, na que Harris participou nun pequeno papel. Segundo Peters, Barrymore "comezou a pensar que o seu matrimonio fora un 'accidente de autobús'".[63][64] O crítico de cine Hollis Alpert escribiu que pasada unha semana da voda, Katherine se queixaba de que vía o seu novo marido moi pouco.[65] A cada vez maior dependencia do alcohol de Barrymore foi tamén causa de problemas na parella, e segundo as súas propias palabras "a infelicidade incrementaba a bebida, e a bebida incrementaba a infelicidade".[66]

As dúas obras seguintes nas que participou – Uncle Sam e Princess Zim-Zim, ámbalas dúas de 1911 – tiveron pouco éxito comercial e de crítica, pero na segunda delas coñeceu o dramaturgo Edward Sheldon, que segundo Kobler "remodelaría a carreira de Barrymore por completo".[67] En xaneiro de 1912 Barrymore actuou xunto a súa irmá na obra A Slice of Life no Empire Theatre de Broadway, que tivo 48 representacións. Charles Darnton, crítico de The Evening World, indicou que "Barrymore deléitase en 'bromear' co seu papel non só ata o límite, senón quizais ata máis aló",[68] e unha crítica no The Washington Times afirmou que "Barrymore imita inimitablemente o seu tío John Drew".[69]

Barrymore puido ter aparecido nos seus primeiros filmes en 1912. En catro curtametraxes indícase un membro do elenco de actores como "Jack Barrymore", que probablemente fose John Barrymore, malia que Norden indica que "nunca saberemos con seguridade se son de feito filmes de Barrymore".[70][71] Estes catro filmes eran Dream of a Motion Picture Director, The Widow Casey's Return, A Prize Package (todas de 1912) e One on Romance (1913), producidas pola Lubin Manufacturing Company de Filadelfia, que se perderon nunha explosión e incendio dos arquivos de Lubin no ano 1914.[72]

En xullo de 1912 Barrymore viaxou ata Los Angeles, onde participou en tres obras representadas no Belasco Theatre, On the Quiet, The Honor of the Family e The Man from Home.[51] Volveu a Nova York en outubro, actuando como protagonista en 72 representacións da comedia The Affairs of Anatol no Little Theatre. Malia que a resposta da crítica foi moderada,[73] o seu salario para esta obra foi duns 600$ por semana.[74][i] Ó ano seguinte participou nunha curta serie de representacións de A Thief for a Night no McVicker's Theatre de Chicago, para despois volver a Nova York para unha serie de representacións de dous meses no Thirty-Ninth St. Theatre da obra Believe Me Xantippe.[75]

Primeiros filmes e éxitos no teatro[editar | editar a fonte]

Barrymore no filme de 1914 An American Citizen

A finais de 1913 Barrymore actuou no primeiro filme do que se ten confirmación, a comedia romántica An American Citizen, coa Famous Players Film Company de Adolph Zukor. Cando se estreou o filme en 1914, segundo Peters "Barrymore deleitou a audiencia cun toque lixeiro inimitable que converteu un romance convencional en 'xubiloso'".[72] Un crítico do The Oregon Daily Journal opinou que Barrymore dera unha "representación dunha calidade pouco habitual".[76] O éxito deste filme deu lugar a máis traballos no cine para Barrymore, incluíndo The Man from Mexico (1914), Are You a Mason?, The Dictator e The Incorrigible Dukane (todas de 1915). Agás no caso de The Incorrigible Dukane, todos estes primeiros filmes están presuntamente perdidos.[77][70]

Malia o seu traballo no cine e os maiores ingresos que conseguiu con el, Barrymore continuou procurando traballos no teatro, actuando como protagonista en xaneiro de 1914 na obra The Yellow Ticket no Eltinge Theatre de Nova York. Este papel marcou unha separación da comedia lixeira das súas actuacións previas, a instancias de Sheldon para que dese un xiro cara a papeis máis dramáticos. Poucos meses despois do comezo da Primeira Guerra Mundial tomouse unhas vacacións en Italia xunto a Sheldon para descansar temporalmente do seu matrimonio nunhas condicións cada vez peores. Á volta de Italia aceptou outro papel de teatro, o de un exconvicto na obra Kick In, no Longacre Theatre de Nova York.[78] Esta obra obtivo un bo éxito e Barrymore recibiu eloxios da crítica. The New York Times afirmou nesta obra Barrymore representara o seu papel con "intelixencia e vigor", dándolle "moito encanto" á obra.[79]

Pasou a segunda metade de 1915 en tres filmes, Nearly a King, The Lost Bridegroom e The Red Widow,[80] este último segundo declaracións propias na súa autobiografía de 1926, "o peor filme que fixo nunca".[81] En abril de 1916 protagonizou unha representación da obra dramática Justice, de John Galsworthy, de novo trala insistencia de Sheldon.[82][3] A obra foi un éxito da crítica. O The New York Times afirmou que a audiencia vira a Barrymore "actuar como se nunca actuase antes, e polo tanto, polo seu traballo como o miserable prisioneiro en Justice, deu un paso adiante no teatro americano", continuando coa afirmación de que Barrymore tivera "unha actuación extraordinaria en tódolos detalles de aparencia e forma, en cada nota de sentimento profundo ... unha actuación magnífica".[83]

Dende comezos de 1916 Barrymore viviu separado de Katherine, que lle pediu o divorcio en novembro de 1916.[84][j] Co proceso de divorcio xa finalizado a finais de decembro de 1917, tomou o papel protagonista no filme Raffles, the Amateur Cracksman.[86] Tentara alistarse no exército trala entrada do país na Primeira Guerra Mundial, mais os doutores do exército reveláronlle que tiña varices e non foi aceptado para o servizo militar.[87] Dende abril de 1917 actuou xunto ao seu irmán Lionel nunha versión teatral da novela de 1891 Peter Ibbetson de George du Maurier, e tanto a obra coma a actuación dos irmáns obtiveron críticas positivas.[88] Foi neste tempo cando comezou unha relación cunha muller casada nai de dous fillos, Blanche Oelrichs, unha sufraxista pertencente a unha familia de clase alta de Rhode Island.[89] A relación comezou en segredo, pero tornouse máis aberta a partir do momento no que o marido de Oelrichs foi recrutado para o exército e destinado a Francia.[90] Tanto Oelrichs coma Sheldon presionaron a Barrymore para que aceptase o seu seguinte papel, o de Fedya Vasilyevich Protasov na obra de Lev Tolstoi Redemption, no Plymouth Theatre,[91][92] que segundo o The New York Times foi "un paso adiante significativo no desenvolvemento artístico de Barrymore".[93] Xa en 1918 protagonizou o filme de comedia romántica On the Quiet, que o Iowa City Press-Citizen considerou superior á actuación orixinal de Broadway.[94]

John Barrymore as Dr Jekyll.jpg
Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1920) - Hyde.jpg


Barrymore como Jekyll (esquerda) e Hyde (dereita) en Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1920)

En 1919 representou un avogado con problemas na adaptación ó cinema do espectáculo de Broadway Here Comes the Bride, seguido do filme The Test of Honor. Este último foi o seu primeiro papel directamente dramático no cinema tras varios anos de actuacións en obras de comedia.[95] Ese mesmo ano participou xunto ó seu irmán Lionel na obra de teatro de drama histórico de Sem Benelli titulada The Jest, cun gran recibimento da audiencia.[96] En novembro Barrymore comezou a rodaxe de Dr. Jekyll and Mr. Hyde actuando no papel protagonista dual, que se estreou nos cinemas ó ano seguinte.[97] A publicación Wid's Daily considerou a súa actuación como "de sombras refinadas e emocións violentas",[98] mentres que o The Washington Post considerouna "unha obra mestra" e "un traballo extraordinario".[99] O éxito do filme foi tal que a Armada dos Estados Unidos chegou a usar instantáneas de Barrymore nos seus pósters de recrutamento.[100]

Barrymore representou o seu primeiro papel de Shakespeare no papel do protagonista da obra Richard III. Consciente das críticas recibidas previamente polo seu rango vocal, tomou clases con Margaret Carrington, adestradora de voz e dicción, para asegurarse de que soaba correctamente no seu papel, traballando con ela diariamente durante seis semanas, ata seis horas ó día.[101] Trala súa estrea en marzo de 1920 a crítica foi efusiva na súa louvanza. O Washington Herald afirmou que a audiencia "quedou presa do auténtico poder da actuación de Barrymore, [...] notable pola súa inesperada riqueza vocal",[102] mentres que pola súa banda Woollcott, do The New York Times, afirmou que a súa actuación "marcou un avance mensurable no proceso gradual de manter a fluencia técnica [de Barrrymore] ao mesmo nivel [...] có seu xenio real para o teatro".[103] Malia o éxito da crítica e do público que obtivo, a representación da obra finalizou tras 31 actuacións cando Barrymore sufriu un colapso nervioso. Dende a súa aparición en Redemption levaba traballando sen descanso, actuando en escena polas noites mentres planeaba ou ensaiaba a seguinte produción durante o día, e no tempo da representación desta obra estaba inmerso na rodaxe de Dr. Jekyll and Mr. Hyde. Pasou seis semanas en recuperación no sanatorio que dirixía un amigo do seu pai, o loitador William Muldoon.[104][105] No verán de 1920 Oelrichs quedou embarazada e arranxou un rápido divorcio co seu marido, casando con Barrymore no mes de agosto, e en marzo de 1921 naceu Diana Barrymore.[106][104] Pouco despois do nacemento da súa filla, Barrymore comezou os ensaios para Clair de Lune, obra adaptada pola súa muller da novela de 1869 The Man Who Laughs, de Victor Hugo. Barrymore convenceu a súa irmá Ethel para que representase o papel da raíña, aparecendo ámbolos dous xuntos nun escenario de novo tras máis dunha década. A obra obtivo críticas moi negativas, pero a participación dos dous irmáns axudou a que tivese máis de 60 representacións.[107]

Barrymore representando Hamlet (1922)

Tamén no 1921 Barrymore representou un francés adiñeirado en Nova York no filme The Lotus Eater, xunto a Colleen Moore.[108] En setembro foise de vacacións coa súa muller a Europa. A súa relación pasaba por malos momentos e ela quedou máis tempo ó namorarse dun poeta durante a súa estancia en Venecia. En outubro Oelrichs volveu a Nova York mentres que Barrymore viaxou ata Londres para filmar as escenas de exteriores do seu último filme, Sherlock Holmes, no que actuaba como protagonista. Tras isto, en xaneiro de 1922 volveu a Nova York para traballar na rodaxe das escenas de interiores.[109] A película estreouse a finais dese mesmo ano,[110] obtendo unha recepción mixta da crítica.[111][112]

O seu seguinte papel no teatro foi o do protagonista de Hamlet, baixo a dirección de Arthur Hopkins. Pasaron seis meses preparando a obra, cortando máis de 1 250 liñas de diálogo no proceso, e segundo Norden, Barrymore optou por representar a Hamlet como un "home de homes".[113] Posteriormente el mesmo describiu a súa representación de Hamlet como "un home normal, saudable e san que sinxelamente se meteu nunha lea demasiado grande para el".[113] Para esta representación traballou de novo xunto a Carrington como adestradora vocal. Os ensaios comezaron en outubro, e a estrea foi o 16 de novembro.[114] A produción foi un éxito de recadación, e a crítica prodigouse nos eloxios á mesma. Woollcott, do New York Herald, opinou que fora "unha velada que será memorable na historia do teatro americano",[115] mentres que John Corbin do The New York Times escribiu que "con toda seguridade temos un novo e duradeiro Hamlet".[116] O crítico do Brooklyn Life afirmou que Barrymore "gañara sen dúbida o dereito a ser chamado o maior tráxico americano vivente".[117] En 1963 Orson Welles afirmou que Barrymore fora o mellor Hamlet que el vira, describindo o seu personaxe como "un xenio que casualmente era un príncipe, e ademais era tenro, viril, enxeñoso, e perigoso".[118] Barrymore e Hopkins decidiron finalizar a representación da obra en febreiro de 1923 ó chegar as 101 funcións, superando o rexistro de cen representacións de Edwin Booth.[119][k] A obra estivo tres semanas no Manhattan Opera House en novembro e decembro dese mesmo ano, seguida dunha breve xira que finalizou en xaneiro de 1924.[121]

Filmes cos grandes estudios de cine[editar | editar a fonte]

As novas do éxito de Barrymore en Hamlet suscitaron o interese de Warner Bros., con quen asinou para o papel protagonista do filme de 1924 Beau Brummel.[113] Infeliz no seu matrimonio, Barrymore – que tiña 40 anos naquel entón – tivo unha aventura coa coprotagonissta do filme de 17 anos Mary Astor.[122] Malia que o filme non foi un éxito sen reservas,[123] o elenco de actores, incluíndo a Barrymore, recibiu críticas positivas en xeral.[124][125] Foi durante este tempo no que Barrymore adquiriu o alcume "o Gran Perfil" ("the Great Profile"), por mor de que os pósters e fotografías súas tendían a amosar o seu perfil esquerdo, que el mesmo tentaba favorecer.[126] Posteriormente afirmaría: "O lado dereito da miña cara semella un ovo frito. O lado esquerdo ten características que se poden atopar en case calquera espécime antropolóxico".[126]

En febreiro de 1925 Barrymore representou Hamlet en Londres, no Haymarket Theatre, segundo o Manchester Guardian "a primeira noite máis memorable en anos".[127] As críticas foron positivas, e segundo Peters "malia que ningún dos críticos de Londres consideraron a Barrymore superior a Irving e Forbes-Robertson, moitos foron favorables nas súas comparacións".[128] Entre os membros da audiencia atopábase o actor de 20 anos de idade John Gielgud, quen se declarou admirador da súa actuación:[129] "Barrymore é romántico en aparencia e dotado dunha graza natural, [...] o que fai da da súa intelectualmente brillante actuación un clásico sen chegar a ser excesivamente severo".[130]

Tras finalizar as representacións de Hamlet viaxou ata París, onde permanecera Oelrichs durante as representacións en Londres, mais a reunión non foi feliz e a parella mantiña discusións con frecuencia. Á volta de Barrymore ós Estados Unidos ela ficou en París,[131] e a parella chegou a un acordo de separación que lle deixaba a ela unha paga anual de 18 000$ e declaraba que ningún dos dous podería demandar ó outro o divorcio en base a un adulterio.[132] Cando aínda estaba en Londres a Warner Bros contactou a Barrymore para un acordo de tres filmes máis cun salario de 76 250$ por película.[133][l] Posteriormente Barrymore afirmou que a súa motivación para pasar do teatro o cinema fora a "falta de repetición... a representación continua dun papel, tan ruinosa para un actor, queda eliminada por completo".[134]

Barrymore no papel do capitán Ahab Ceeley en The Sea Beast (1926)

O primeiro filme baixo este contrato foi The Sea Beast (1926), unha adaptación libre da novela Moby-Dick de 1851, na que representou o capitán Ahab Ceeley, e que se converteu nun dos filmes máis lucrativos do ano para a Warner Bros.[135] Aínda que Barrymore quería que Astor actuase no papel protagonista feminino ela non estaba dispoñible naquel momento, polo que ese papel foi finalmente para Dolores Costello, con quen comezaría unha relación amorosa. Barrymore declarou posteriormente: "Namoreime dela instantaneamente. Desta vez sabía que tiña razón".[136] O filme tivo un bo recibimento por parte da crítica. Mordaunt Hall, do The New York Times, eloxiou a "enerxía, seriedade e virilidade" de Barrymore no seu papel no filme.[137]

Tras finalizar a rodaxe de The Sea Beast comezou o traballo en Don Juan, a primeira longametraxe en incluír efectos de son Vitaphone sincronizados e unha banda sonora musical.[138][139] Barrymore quería actuar de novo xunto a Costello neste filme, mais o produtor Jack L. Warner contratou a Astor para o mesmo.[138] Tras finalizar o seu contrato con Warner Bros. co filme When a Man Loves no que actuou xunto a Costello, Barrymore asinou un acordo para tres películas con United Artists: The Beloved Rogue (1927), Tempest (1928) e Eternal Love (1929).[140]. Segundo Morrison, durante os seguintes tres anos "gozou dunha prosperidade sen precedentes e desbaldiu cartos".[141] O crítico e ensaísta Stark Young escribiu no The New Republic sobre estes filmes, cualificándoos de "podres, vulgares, baleiros, de mal gusto, deshonestos, ruidosos cun exhibicionismo estúpido e pouco saudable", engadindo que "o seu atractivo é barato, cínico e enganoso".[142]

Para 1927 Barrymore tiña planeado unha reedición de Hamlet no Hollywood Bowl, mais en agosto dese ano cancelou a produción sen dar explicacións, e comezou a rodaxe do terceiro filme asinado con United Artists, Eternal Love, polo que recibiu uns 150 000$.[140][m] En febreiro do ano seguinte obtivo o divorcio de Oelrichs, separación á que ela accedeu ó atoparse nunha relación co avogado Harrison Tweed, con quen casaría posteriormente. Barrymore e Costello casaron en novembro dese mesmo ano. A súa filla Dolores naceu en abril de 1930, e o seu fillo John Drew naceu en xuño de 1932.[143][144] Barrymore mercou unha gran propiedade en Hollywood Hills e converteuna en 16 edificios separados cunhas 55 habitacións en total ademais de varios xardíns, campos de tiro ó prato, piscinas e fontes.[145]

De esquerda a dereita, Marian Marsh, Bramwell Fletcher e Barrymore en Svengali (1931)

A finais dos anos 1920, tralo éxito de 1927 The Jazz Singer, os filmes sonoros tornáronse máis frecuentes. Os estudios precisaban de actores con voces adestradas, e Barrymore recibiu unha oferta de Warner Bros. para a realización de cinco filmes por uns 150 000$ por película, ademais dunha parte dos beneficios. Antes de comezar este contrato tivo o seu primeiro papel falado no cine, nunha sección única en The Show of Shows (1929), no papel de Ricardo, duque de Gloucester en Henry VI, Part 3.[138][146] Os dous primeiros filmes deste contrato foron General Crack e The Man from Blankley's, que obtiveron un éxito modesto.[147][n] Frustrado por non ter feito The Sea Beast como un filme sonoro, volveu á fonte de Moby Dick no filme homónimo de 1930. Peters describiu esta película negativamente como "un balancín entre o cósmico e o cómico, unha travestía de Melville así como un filme parvo en si mesmo".[149]

Ó ano seguinte representou o papel protagonista dun adestrador de voz manipulador en Svengali, xunto a Marian Marsh. Martin Dickstein, crítico de cine do Brooklyn Daily Eagle, escribiu que Barrymore "rexistra un triunfo persoal no papel", cualificando a súa actuación de "brillante" e "unha das mellores da súa carreira cinematográfica".[150] En 1931 actuou de novo xunto a Marsh en The Mad Genius, que resultou ser un fracaso comercial.[151] Warner Bros. decidiu non renovar o seu contrato por mor da pobre recadación obtida cos cinco filmes previos, e no seu lugar Barrymore asinou un contrato non exclusivo con Metro-Goldwyn-Mayer cuns emolumentos de 25 000$ por película.[152][144]

Anos de transición[editar | editar a fonte]

O seu primeiro filme con MGM foi Arsène Lupin de 1932, co seu irmán Lionel como coprotagonista. No The New York Times, Hall cualificou a actuación de Barrymore de "admirable".[153] Ese mesmo ano protagonizou xunto a Greta Garbo o filme Grand Hotel, no que Lionel tamén participou. A opinión da crítica sobre a súa actuación estivo dividida. Eve Golden afirmou que Barrymore semellaba "máis como un pai afectivo [de Garbo] que o seu amante",[154] mentres que George Blaisdell de International Photographer eloxiou o diálogo e a súa actuación.[155]Grand Hotel gañou o premio Oscar ó mellor filme e foi unha das películas de maior recadación dese ano,[156] incluída no National Film Registry no ano 2007.[157]

Barrymore apareceu en tres filmes no ano 1932. Representou un avogado con problemas de alcoholismo para RKO Pictures no filme State's Attorney, para posteriormente volver con MGM representando un lunático fuxido en A Bill of Divorcement, xunto a Katharine Hepburn na estrea cinematográfica dela. O estudoso do cinema Daniel Bernardi destacaría posteriormente o humanismo entre o personaxe de Barrymore e a súa familia nesta actuación, destacando de forma particular os fortes lazos entre pai e filla.[158] O derradeiro filme no que participou ese ano foi Rasputin and the Empress, xunto ós seus irmáns Ethel e Lionel.[159] Como indica Peters, para este filme Barrymore atopábase deteriorado fisicamente dende a rodaxe de Svengali, gañando peso por mor da bebida.[160] A película foi un fracaso comercial e de crítica, supoñendo unhas perdas significativas para MGM, e o xornal The New Yorker chegou a afirmar que esta era a peor obra dos tres irmáns Barrymore.[160]

Barrymore e Greta Garbo en Grand Hotel (1932)

No 1933 apareceu en cinco filmes, e segundo Peters o seu declive comezou a ser evidente.[161] En Topaze representou un profesor de escola convertido en home de negocios xunto a Myrna Loy, e en Dinner at Eight actuou xunto ó seu irmán Lionel.[162][163] Trala serie de filmes con MGM a compañía finalizou o seu contrato con Barrymore por mor dos seus problemas financeiros provocados pola Gran Depresión. Barrymore asinou un contrato con Universal Studios para representar un avogado xudeu con problemas en Counsellor at Law. Durante a rodaxe deste filme tivo dificultades para recordar as súas liñas de diálogo, incluso nas escenas máis curtas, chegando a provocar que se detivese a rodaxe nunha ocasión tras máis de 25 tomas nas que non conseguiu recordar o seu diálogo, un problema que continuou a ter de forma regular en rodaxes posteriores.[161] Malia estes problemas, segundo Norden esta foi "unha das súas mellores actuacións cinematográficas".[163] Os outros dous filmes nos que actuou neste ano foron Reunion in Vienna e Night Flight.[164]

En decembro de 1933 chegou a un acordo con RKO para a rodaxe de Hamlet. Levou a cabo varias probas de cámara e contratou a Carrington como adestradora vocal de novo, pero tras sufrir de novo problemas de memoria o proxecto desbotouse eventualmente.[165] Progagonizou dúas películas publicadas en 1934, o drama Long Lost Father e a comedia Twentieth Century. Neste último representou un empresario de Broadway, Oscar Jaffe, papel no que segundo Morrison "demostrou un xenio pouco común como comediante", nunha actuación da que afirmou que "moitos consideran a súa mellor contribución ó cinema".[144] No ano 2011 o filme foi introducido no National Film Registry, coa descrición de "derradeiro gran papel no cinema" de Barrymore.[166]

En maio de 1934 estaba rodando Hat, Coat and Glove para RKO cando nunha escena volveu olvidarse das súas liñas e incluso do nome do seu personaxe. A rodaxe pospúxose para o día seguinte, mais o resultado foi o mesmo. Tras un descanso de varios días volveu ó estudio, pero seguia sen poder recordar nada do guión, polo que finalmente foi substituído por Ricardo Cortez.[167] Pouco tempo despois sufriu un colapso mental e físico e tivo que ser hospitalizado. Costello confirmou que o seu problema coa bebida fora a peor nos dous anos previos, describíndoo como un "alcólico sen esperanza".[167] A súa relación tiña moitos problemas, e crendo que ela ía declaralo incapacitado mental, marchou do seu fogar en Los Angeles, viaxando primeiro a Londres e posteriormente á India. Volveu ós Estados Unidos a comezos de 1935 e estableceuse en Nova York, deixando a súa muller en Los Angeles.[168] Pouco tempo despois do seu retorno tivo que volver ser hospitalizado, permanecendo durante un mes por mor dunha bronquite ademais dunha gripe. Alí recibiu a visita dunha fan de 19 anos, Elaine Jacobs, con quen trabou amizade. Ó saír do hospital a nai dela invitouno a que pasase un tempo recuperándose na súa casa. Alí comezou unha relación con Elaine, que mudou o seu apelido a Barrie "para achegarse tanto a Barrymore como ousaba".[168][169] En maio dese mesmo ano a parella realizou a súa primeira colaboración profesional, aparecendo no programa de radio The Fleischmann's Yeast Hour de Rudy Vallée.[168]

Esta relación foi un foco de atención para a prensa amarela, que lles deu os alcumes de Caliban e Ariel. Costello pediu o divorcio, pero tras varias discusións con Barrie, Barrymore considerou rematada a súa relación con ela, e volveu a Los Angeles. Un editor dun xornal alugou un voo chárter para levar a Barrie ata Chicago e interceptar o tren no que viaxaba Barrymore. Ela publicou unha petición para que volvese, e a súa persecución chegou ás novas nacionais. Segundo Morrison, os titulares que recibiu nesta época estableceron unha nova reputación para Barrymore como "o sátiro envellecido, o alcólico acabado, o pedazo de carne moitas veces casado". Isto supuxo un duro golpe para a súa autoestima, aínda que segundo Morrison, "enfrontouse ós seus problemas con serenidade e sentido do humor".[170][171] Para escapar do centro de tódalas miradas tomouse unhas vacacións no seu iate,[172][173] que lle custaba máis de 35 000$ anuais de mantemento e que vendeu en 1938 por mor de dificultades económicas.[174]

Declive e morte[editar | editar a fonte]

No centro, de esquerda a dereita, Barrymore, Leslie Howard e Basil Rathbone, en Romeo and Juliet (1936).

A súa dependencia do alcohol provocou que a maioría de estudios non quixesen darlle traballo, pero finalmente MGM seleccionouno para o papel de Mercutio no filme de 1936 Romeo and Juliet. Para minimizar as posibles alteracións no programa, enviaron a Barrymore ó Kelley's Rest Home, un centro de desintoxicación, mais continuou bebendo en segredo e provocando problemas durante a rodaxe. Basil Rathbone, que actuou no papel de Tybalt, declarou posteriormente que "[Barrymore] bebía e non era fiable no estudio ... Era triste velo nese estado".[175] A crítica estivo dividida na súa actuación no filme, aínda que Welford Beaton, do Hollywood Spectator, chegou a afirmar que Barrymore era "unha xoia da actuación",[176]

Os rumores sobre os seus problemas dentro e fora do estudio espalláronse no mundo do cinema, e non volveu traballar noutro filme durante máis dun ano, ata que obtivo un papel secuntario no musical Maytime. O seu divorcio de Costello finalizou en outubro de 1936, e casou de novo con Barrie en novembro dese mesmo ano. A parella tivo unha discusión acalorada pouco tempo despois da voda, polo que Barrymore volveu pasar un tempo no Kelley's Rest Home, que lle custaba unha media duns 800$ diarios e estaba deixándoo sen fondos.[145] Tras saír do centro, sufriu un colapso durante a rodaxe de Maytime. O 15 de xaneiro de 1937 Barrie entregoulle os papeis do divorcio, e un mes despois declarouse en bancarrota, cunhas débedas que sumaban uns 160 000$.[177][178][o] O divorcio foi aprobado en abril, pero finalmente a parella reconciliouse antes de que chegase a finalizarse.[179]

Barrymore decidiu entón traballar en máis papeis de Shakespeare. En xuño de 1937 asinou un contrato con NBC Blue Network para producir unha serie de seis episodios baixo o título Streamlined Shakespeare, na que tamén participaría Barrie. O primeiro programa, titulado Hamlet, tivo unha boa recepción xeral da crítica, en particular do xornal The New York Times.[180][181] Peters non estivo de acordo con esta opinión, considerando que "xa que estaba desesperado presionou demasiado e acabou por caricaturizar, e non capturar, a súa gran representación de Shakespeare".[182] As obras e papeis que representou durante a serie foron Hamlet (como o propio Hamlet), Ricardo III (como Ricardo, Duque de Gloucester), Macbeth (como Macbeth), The Tempest (como Prospero e Caliban), Twelfth Night (como Sir Toby Belch e Malvolio) e The Taming of the Shrew (como Petruchio).[181]

Avance de Marie Antoinette (1938)

Mantívose sobrio e sen problemas durante toda a produción da serie para a NBC, polo que os estudios volveron facerlle ofertas de traballo. Isto levoulle a aparecer nun total de nove filmes nos anos 1937 e 1938: Bulldog Drummond Comes Back, Night Club Scandal, Bulldog Drummond's Revenge e True Confession en 1937; Bulldog Drummond's Peril, Romance in the Dark, Marie Antoinette, Spawn of the North e Hold That Co-ed en 1938.[183][164] Na súa maioría as ofertas que recibiu eran para papeis secundarios, mais así a todo procurou traballar de forma concienzuda neles. Seguía tendo problemas de memoria, polo que tiña que empregar tarxetas para axudarse a recordar os diálogos. Os seus compañeiros actores e directores nestes filmes amosáronse solidarios coa súa condición. Durante a rodaxe do seu último filme serio, no papel de Gregory Vance no filme de 1939 The Great Man Votes, o director do mesmo, Garson Kanin, procurou que o elenco de actores e os traballadores da rodaxe se dirixisen a el como "Mr. Barrymore" como sinal de respecto.[184][183]

A parella actuou en papeis secundarios na comedia de 1939 Midnight, o único papel no cinema dela. The New York Times cualificou o filme coma "unha das comedias máis animadas, alegres, agudas e pícaras dunha longa tempada", dicindo de Barrymore que "deixa caer as súas frases co seu habitual efecto humorístico".[185] O filme sería posteriormente introducido no National Film Registry no ano 2013.[186] Barrymore e a súa muller apareceron de novo xuntos na representación teatral de My Dear Children, estreada en marzo de 1939 no McCarter Theatre da Universidade Princeton.[187][3] Por mor dos seus problemas de memoria, Barrymore tivo que improvisar de forma constante durante o espectáculo, que nalgúns puntos resultaban unha mellora, mais tamén saudaba en ocasións a coñecidos que divisaba entre a audiencia e adoitaba blasfemar con frecuencia.[188] Malia isto o espectáculo tivo éxito, e a revista Life escribiu: "A xente acode en masa para ver a [Barrymore], non pola súa actuación refinada, senón porque converte o teatro nunha axitada e histriónica casa de tolos. Algunhas veces chega tarde. Algunhas veces está comprometido. Olvida as súas liñas con frecuencia. Pero sempre dá un grande espectáculo".[189] Cando o espectáculo chegou a Broadway, Life escribiu que "a volta de Barrymore a Times Square foi un enorme triunfo profesional",[190] e Brooks Atkinson, no The New York Times, considerou que Barrymore era "aínda o actor con máis talento do país".[191] Barrymore e a súa muller continuaron tendo discusións durante a xira da obra, e ela deixouna a metade da tempada de representacións. Tentaron reconciliarse cando a produción chegou a Nova York, pero finalmente divorciaríanse a finais de 1940.[190][3]

En 1940 apareceu en The Great Profile, unha parodia da súa vida nos meses previos a My Dear Children. Barrymore actuou no papel de Evans Garrick, modelado segundo a súa propia experiencia, con Mary Beth Hughes no papel da súa muller. A crítica foi dura co filme e coa súa asociación con Barrymore, o The New York Times afirmou que o filme era "máis que un pouco patético".[192] En 1941 representouse a si mesmo no seu último filme, Playmates, que tamén obtivo unha dura recepción por parte da crítica.[3]

En outubro de 1940 volveu a NBC Radio network para traballar no programa de Rudy Vallée, naquel momento titulado Sealtest Show. Gravou 74 episodios, continuando a temática da autoparodia, con chistes sobre os seus problemas coa bebida, a súa carreira en declive e os seus problemas de parella. O 19 de maio de 1942 sufriu un colapso mentres estaba a gravar un diálogo de Romeo and Juliet para o programa. Foi trasladado ata o Hollywood Presbyterian Hospital, onde faleceu o 29 de maio a causa dunha cirrose e un fallo renal, con complicacións por unha pneumonía.[193][194] Foi soterrado no Calvary Cemetery de Los Angeles o 2 de xuño,[195] e posteriormente en 1980 o seu fillo trasladou os seus restos para que fosen soterrados de novo no Mount Vernon Cemetery en Filadelfia.[196]

Legado[editar | editar a fonte]

Barrymore na Casa Branca en xaneiro de 1924, tras unha reunión co presidente Calvin Coolidge

O seu obituario no The New York Times afirmou que durante o período no que Barrymore actuou en Justice, Richard III e Hamlet, o actor "foi aceptado pola maioría de críticos como o actor de fala inglesa máis importante do seu tempo".[197]The Washington Post concordou con isto, indicando que durante os seus primeiros anos no cinema e cos seus triunfos no teatro, "era o gran perfil, o máis prezado da 'familia real' do teatro".[1] Moitos dos seus obituarios destacaron que Barrymore non chegara a acadar o seu potencial. The Manchester Guardian considerou que "con algunha autodisciplina podería ter engadido o seu nome á lista dos verdadeiros grandes actores".[127]The New York Times resaltou a súa capacidade de "parodiarse a si mesmo e actuar como o pallaso".[197]The Washington Post observou que "co paso dos anos – e segundo a súa vida privada foi tornándose máis pública – converteuse, malia a súa xenialidade no teatro, nun personaxe da prensa amarela".[1] Segundo Morrison, as súas representacións teatrais de Richard III e Hamlet foron un modelo para actuacións modernas deses papeis. Destacou a súa forma "coloquial" de reproducir os versos das obras,[198] e considerou que a súa interpretación xunto co seu diálogo psicolóxico foron innovadores, e que as súas "representacións dinámicas ... cambiaron a dirección das novas montaxes subsecuentes".[199] Pola súa banda, Peters destacou que o seu estilo de actuación natural lle deu a volta ás convencións teatrais da época.[200]

Barrymore recibiu poucas honras da industria do entretemento e dos seus membros. Malia que tanto seu irmán coma súa irmá recibiron un premio da Academia, o único premio que chegou a recibir el polo seu traballo no cinema foi o que lle outorgou Rodolfo Valentino en 1925 por Beau Brummel. Valentino creou un premio co seu propio nome considerando que varios dos seus compañeiros actores deberían recibir premios polo seu traballo.[201] Na súa cerimonia do Grauman's Chinese Theatre en 1940 Barrymore, ademais de deixar as pegadas do seu pé e man, deixou unha impresión do seu perfil facial no cemento coa axuda de Sid Grauman.[202] En febreiro de 1960 foi incluído no Paseo da Fama de Hollywood pola súa contribución á industria do cinema, cunha estrela no número 6667 de Hollywood Boulevard.[203] Foi incluído tamén, xunto cos seus dous irmáns, no American Theater Hall of Fame.[204] A familia de actores dos Barrymore continuou por medio de dous dos seus fillos: o fillo que tivo con Costello, John Drew Barrymore, e a filla que tivo con Oelrichs, Diana. Ámbolos dous convertéronse en actores, ó igual que a filla de John Drew, Drew Barrymore.[205]Lionel Barrymore faleceu o 15 de novembro de 1954,[206] e a súa irmá Ethel faleceu o 18 de xuño de 1959.[207]

A estrela de Barrymore no Paseo da Fama de Hollywood

A maiores da súa autobiografía de 1926, Confessions of an Actor, houbo varios autores que escribiron sobre a súa vida. Alma Power-Waters publicou un estudo da mesma en 1941, autorizado por el mesmo, titulado John Barrymore: The Legend and the Man. Fowler escribiu o libro Good Night, Sweet Prince: The Life and Times of John Barrymore en 1943, Alpert publicou The Barrymores en 1964 e John Kobler escribiu Damned in Paradise: The Life of John Barrymore en 1977, aínda que segundo Norden moitas destas primeiras obras sobre a súa vida non son moi fiables. Segundo el as obras que conteñen unha investigación máis concienzuda son a historia de 1990 de Peters The House of Barrymore, e o seu propio estudo en 1995 da obra do actor, titulado John Barrymore: A Bio-Bibliography.[3] Posteriormente en 1997 Morrison publicou John Barrymore, Shakespearean Actor, centrado na obra teatral de Barrymore e cunha boa recepción da crítica.[208]

En 1982, co gallo do centenario do seu nacemento, leváronse a cabo varios eventos de celebración. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e o Museo de Arte Moderna de Nova York presentaron de forma conxunta un programa conmemorativo da súa obra que incluíu numerosos fragmentos dos seus filmes ademais de entrevistas a coñecidos del, incluíndo a Barrie e a Myrna Loy.[209] Ese mesmo ano, en celebración do centenario do Actors Fund of America, o Servizo Postal dos Estados Unidos de América publicou un selo postal coa imaxe de Barrymore e dos seus irmáns.[210] En febreiro de 2010 mudouse o nome dun cruzamento en Fort Lee, Nova Jersey a "John Barrymore Way" no que sería o 128º aniversario do actor, no lugar onde se situara o antigo Buckheister's Hotel, no que Barrymore tivera a súa estrea teatral en 1900 coa obra A Man of the World.[211]

Representacións e caracterizacións[editar | editar a fonte]

Barrymore serviu de inspiración para varios personaxes tanto no teatro coma no cine. El mesmo representouse en varias obras, incluíndo The Great Profile, My Dear Children e Playmates, e na produción de 1921 Ziegfeld Follies representouno o seu amigo W. C. Fields. En 1927 a familia Barrymore foi parodiada en The Royal Family, na que o personaxe baseado nel foi representado por Fredric March, actuación que o propio Barrymore admiraba.[212] Esta obra representouse en Londres en 1934 co título Theatre Royal, con Laurence Olivier no papel de Barrymore,[213] e tivo unha adaptación ó cinema en 1930 con March reeditando a súa actuación nese papel.[214] Barrymore fora amigo e compañeiro de Fields, e no filme de 1976 titulado W.C. Fields and Me, foi representado por Jack Cassidy.[215]Errol Flynn, tamén amigo de Barrymore, representouno no filme de 1958 Too Much, Too Soon, unha adaptación da autobiografía de Diana Barrymore, con Dorothy Malone no papel protagonista feminino.[216]

En 1991 a comedia de Paul Rudnick titulada I Hate Hamlet, representada no Walter Kerr Theatre, estivo ambientada no seu antigo apartamento, con Nicol Williamson no papel do propio Barrymore.[217] Tres anos despois comezou a produción Jack: A Night on the Town with John Barrymore en Londres, cunhas 60 representacións no Criterion Theatre, e con Williamson de novo no papel protagonista.[218]Barrymore, unha obra de dous actores de William Luce con Christopher Plummer no papel de Barrymore, estreouse en 1996.[219] A obra tivo unha versión cinematográfica publicada en 2012, con Plummer de novo no papel protagonista.[220]

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Produción[221][53][222] Data Teatro Papel Nº de representacións
A Man of the World Xaneiro de 1901 Xira George Ellis
Captain Jinks of the Horse Marines Novembro de 1901 – 2ª tempada Xira Charles "Charlie" La Martine
Madga 01903-10-31 31 de outubro de 1903 W. S. Cleveland's Theatre, Chicago Lt. Max von Wendlowski 10
Leah the Forsaken 01903-11-08 8 de novembro de 1903 W. S. Cleveland's Theatre, Chicago Jacob 18
Glad of It 01903-12-28 28 de decembro de 1903 Savoy Theatre, Nova York Corley 32
The Dictator 01904-04-04 4 de abril de 1904 Criterion Theatre, Nova York. Xira posterior polos Estados Unidos e Gran Bretaña entre setembro de 1904 e xullo de 1905 Charlie Hyne 105
Yvette 01904-05-13 13 de maio de 1904 Knickerbocker Theatre, Nova York Signor Valreali 1
Sunday Setembro de 1905 – Decembro de 1905 Xira Jacky
Pantaloon 01905-12-25 25 de decembro de 1905 – Marzo de 1906 Criterion Theatre, Nova York. Xira posterior dende maio de 1906 Clown 81
Alice Sit-by-the-Fire 01905-12-25 25 de decembro de 1905 – March 1906 Criterion Theatre, Nova York. Xira posterior dende marzo ata abril de 1906 e dende setembro de 1906 ata febreiro de 1907 Stephen Rollo 81
Miss Civilization 01906-01-26 26 de xaneiro de 1906 Broadway Theatre, Nova York. Brick Meakin, alias "Reddy the Kid" 1
On the Quiet Marzo de 1906 – Outubro de 1906 Xira polos Estados Unidos e Australia Duke of Carbondale
The Dictator Abril de 1906 – Agosto de 1906 Xira polos Estados Unidos e Australia Charley Hyne
A Doll's House 01907-01-31 31 de xaneiro de 1907 Colonial Theatre, Boston Dr. Rank 1
His Excellency the Governor 01907-04-04 4 de abril de 1907 Empire Theatre, Nova York Capt. Charles Carew 36
The Boys of Company B 01907-05-23 23 de maio de 1907 – Xullo de 1907 Lyceum Theatre, Nova York. Xira posterior dende xullo ata setembro de 1907 Tony Allen 96
Toddles 01908-03-16 16 de marzo de 1908 Garrick Theatre Lord Meadows 16
A Stubborn Cinderella Xuño de 1908 – Maio de 1909 Xira dende xuño de 1908 ata xaneiro de 1909. Posteriormente no Broadway Theatre, Boston, de xaneiro a abril de 1909, e posteriormente xira dende abril a maio de 1909 Mac 88
The Candy Shop Maio de 1909 – 12 de xuño de 1909 Knickerbocker Theatre, Nova York Jack Sweet 56
The Fortune Hunter 01909-09-04 4 de setembro de 1909 – Maio de 1911 Gaiety Theatre, Nova York. Xira posterior dende setembro de 1910 ata maio de 1911 Nat Duncan 345
Uncle Sam 01911-08-28 28 de agosto de 1911 Xira dende agosto ata outubro de 1911, posteriormente Liberty Theatre, Nova York Robert Hudson 48
Princess Zim-Zim Decembro de 1911 – Xaneiro de1912 Xira Peter Milholland
A Slice of Life 01912-01-29 29 de xaneiro de 1912 – Marzo de 1912 Empire Theatre, Nova York Mr. Hyphen-Brown 48
Half a Husband 01912-03-11 11 de marzo de 1912 Xira (menos de dúas semanas) Tony Bleecker
On the Quiet 01912-07-01 1 de xullo de 1912 Belasco Theatre, Los Angeles Robert Ridgway 14
The Honor of the Family 01912-07-15 15 de xullo de 1912 Belasco Theatre, Los Angeles Colonel Philippe Bridau 6 (est.)
The Man from Home 01912-07-22 22 de xullo de 1912 Belasco Theatre, Los Angeles Daniel Voorhees Pike 14 (est.)
The Affairs of Anatol 01912-10-14 14 de outubro de 1912 Little Theatre, Nova York Anatol 72
A Thief for a Night 01913-03-13 13 de marzo de 1913 McVicker's Theatre, Chicago Robert Edgar Willoughby "Bobby" Pitt 46
Believe Me Xantippe 01913-08-19 19 de agosto de 1913 Thirty-Ninth St. Theatre, Nova York George MacFarland 79
The Yellow Ticket 01914-01-20 20 de xaneiro de 1914 Eltinge Theatre, Nova York Julian Rolfe 183
Kick In 01914-10-09 9 de outubro de 1914 Longacre Theatre, Nova York Chick Hewes 188
Actors' Fund Benefit 01916-01-28 28 de xaneiro de 1916 Forth-Fourth Street, Nova York 1
Justice 01916-04-03 3 de abril de 1916 – Xaneiro de 1917 Candler Theatre, Nova York, dende abril a setembro de 1916, xira posterior ata xaneiro de 1917 William Falder 104
Junior Patriots of America Benefit 01917-03-25 25 de marzo de 1917 Hippodrome, Nova York Sailor 2
Peter Ibbetson 01917-04-18 18 de abril de 1917 – May 1918 Republic Theatre, Nova York, dende abril a novembro de 1917, xira posterior ata maio de 1918 Peter Ibbetson 71
The National Red Cross Pageant 01917-10-05 5 de outubro de 1917 Rosemary Open Air Theatre, Nova York Tyrant 4
Redemption 01918-10-03 3 de outubro de 1918 Plymouth Theatre, Nova York Fedor "Fedya" Vasilyevich Protasov 204
The Jest 01919-04-09 9 de abril de 1919 Plymouth Theatre, Nova York Giannetto Malespini 256
Richard III 01920-03-06 6 de marzo de 1920 Plymouth Theatre, Nova York Richard, Duke of Gloucester 31
Clair de Lune 01921-04-18 18 de abril de 1921 Empire Theatre, Nova York Gwymplane 64
Annual Equity Show 01921-05-01 1 de maio de 1921 Metropolitan Opera House, Nova York Romeo 2
Hamlet 01922-11-16 16 de novembro de 1922 – 26 de xaneiro de 1924 Sam H. Harris Theatre, Nova York, dende novembro de 1922 ata febreiro de 1923. Manhattan Opera House, Nova York, novembro e decembro de 1923 durante 3 semanas, xira posterior dende decembro de 1923 ata o 26 de xaneiro de 1924 Hamlet 101
Hamlet 01925-02-19 19 de febreiro de 1925 Theatre Royal Haymarket, Londres Hamlet 68
My Dear Children Marzo de 1939 Xira dende marzo de 1939 ata xaneiro de 1940, posteriormente Belasco Theatre, Los Angeles Allan Manville
The Green Goddess 01939-06-09 9 de xuño de 1939 Palace Theatre, Chicago 20 (est.)

Cinema[editar | editar a fonte]

Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1920)
Sherlock Holmes (1922)
Don Juan (1926)
Moby Dick (1930)
Filme[223][164][224] Ano Papel Notas
Dream of a Motion Picture Director 1912 Xefe Filme perdido; 1 rolo de cinta. Acreditado como "Jack Barrymore". Non se pode afirmar con certeza completa.[71][70]
The Widow Casey's Return 1912 Sullivan Filme perdido; 1 rolo de cinta. Acreditado como "Jack Barrymore". Non se pode afirmar con certeza completa.[71][70]
A Prize Package 1912 Si Hawkins Filme perdido; 1 rolo de cinta. Acreditado como "Jack Barrymore". Non se pode afirmar con certeza completa.[71][70]
One on Romance 1913 Pai de Helen Filme perdido;[71] nun rolo de cinta partido.[225] Acreditado como "Jack Barrymore". Non se pode afirmar con certeza completa.[70]
An American Citizen 1914 Beresford Kruger Filme perdido[72]
The Man from Mexico 1914 Fitzhugh Filme perdido[226]
Are You a Mason? 1915 Frank Perry Filme perdido[77]
The Dictator 1915 Brooke Travers Filme perdido[77]
The Incorrigible Dukane 1915 James Dukane
Nearly a King 1916 Jack Merriwell, príncipe de Bulwana Filme perdido[227]
The Lost Bridegroom 1916 Bertie Joyce Filme perdido[227]
The Red Widow 1916 Cicero Hannibal Butts Filme perdido[227]
Raffles, the Amateur Cracksman 1917 A. J. Raffles
National Red Cross Pageant 1917 The Tyrant Filme perdido[228]
On the Quiet 1918 Robert Ridgeway Filme perdido[227]
Here Comes the Bride 1919 Frederick Tile Filme perdido[227]
The Test of Honor 1919 Martin Wingrave Filme perdido[227]
Dr. Jekyll and Mr. Hyde 1920 Dr. Henry Jekyll and Mr. Edward Hyde
The Lotus Eater 1921 Jacques Leroi Filme perdido[229]
Sherlock Holmes 1922 Sherlock Holmes
Beau Brummel 1924 Gordon Bryon "Beau" Brummell
The Sea Beast 1926 Capitán Ahab Ceeley
Don Juan 1926 Don Jose de Marana/Don Juan de Marana
When a Man Loves 1927 Chevalier Fabien des Grieux
The Beloved Rogue 1927 François Villon
Tempest 1928 Sgt. Ivan Markov
Eternal Love 1929 Marcus Paltran
The Show of Shows 1929 Ricardo, Duque de Gloucester En Henry VI, Part 3
General Crack 1930 Duque de Kurland/Príncipe Christian
The Man from Blankley's 1930 Lord Strathpeffer Filme perdido[230]
Moby Dick 1930 Capitán Ahab Ceely
Svengali 1931 Svengali
The Mad Genius 1931 Ivan Tsarakov
Arsène Lupin 1932 Arsène Lupin
Grand Hotel 1932 The Baron Introducido no National Film Registry no ano 2007.[231]
State's Attorney 1932 Tom Cardigan
A Bill of Divorcement 1932 Hilary Fairfield
Rasputin and the Empress 1932 Príncipe Paul Chegodieff
Topaze 1933 Prof. Auguste A. Topaze
Reunion in Vienna 1933 Arquiduque Rudolf von Habsburg
Dinner at Eight 1933 Larry Renault
Night Flight 1933 A. Riviére
Counsellor at Law 1933 George Simon
Long Lost Father 1934 Carl Bellairs
Twentieth Century 1934 Oscar Jaffe Introducido no National Film Registry no ano 2011.[231]
Romeo and Juliet 1936 Mercutio
Maytime 1937 Nicolai Nazaroff
Bulldog Drummond Comes Back 1937 Coronel Neilson
Night Club Scandal 1937 Dr. Ernest Tindal
Bulldog Drummond's Revenge 1937 Coronel Neilson
True Confession 1937 Charles "Charley" Jasper
Bulldog Drummond's Peril 1938 Coronel Neilson
Romance in the Dark 1938 Zoltan Jason
Marie Antoinette 1938 Luís XV
Spawn of the North 1938 Windy Turlon
Hold That Co-ed 1938 Gobernador Gabby Harrigan
The Great Man Votes 1939 Gregory Vance
Midnight 1939 Georges Flammarion Introducido no National Film Registry no ano 2013.[231]
The Great Profile 1940 Evans Garrick
The Invisible Woman 1940 Profesor Gibbs
World Premiere 1941 Duncan DeGrasse
Playmates 1941 John Barrymore

Radio[editar | editar a fonte]

Emisión[232] Data Canle Papel Notas
Hamlet 01925-03-08 8 de marzo de 1925 2LO Hamlet
Dodge Brothers Hour 01928-03-29 29 de marzo de 1928 NBC Blue Network
The Fleischmann's Yeast Hour 01935-05-23 23 de maio de 1935 NBC Red Network
Shell Chateau 01935-12-14 14 de decembro de 1935 NBC Red Network
Hollywood Hotel: "A Christmas Carol" 01936-12-25 25 de decembro de 1936 CBS Scrooge
Streamlined Shakespeare: Hamlet 01937-06-21 21 de xuño de 1937 NBC Blue Network Hamlet
Entrevista[p] 01937-06-25 25 de xuño de 1937 NBC Blue Network
Streamlined Shakespeare: Richard III 01937-06-28 28 de xuño de 1937 NBC Blue Network Ricardo, Duque de Gloucester
Streamlined Shakespeare: Macbeth 01937-07-05 5 de xullo de 1937 NBC Blue Network Macbeth
Streamlined Shakespeare: The Tempest 01937-07-12 12 de xullo de 1937 NBC Blue Network Prospero/Caliban
Streamlined Shakespeare: Twelfth Night 01937-07-19 19 de xullo de 1937 NBC Blue Network Sir Toby Belch/Malvolio
Streamlined Shakespeare: The Taming of the Shrew 01937-07-26 26 de xullo de 1937 NBC Blue Network Petruchio
The Animal Kingdom 01937-09-06 6 de setembro de 1937 NBC Blue Network Tom Collier
Accent on Youth 01937-09-13 13 de setembro de 1937 NBC Blue Network
The Baker's Broadcast 01937-10-10 10 de outubro de 1937 NBC Blue Network
This is New York 01938-02-19 19 de febreiro de 1938 CBS
The Camel Caravan 01938-06-06 6 de xuño de 1938 CBS
The Texaco Star Theatre 01938-10-12 12 de outubro de 1938 – 01939-01-11 11 de xaneiro de 1939 CBS 9 episodios
The Kate Smith Calumet Baking Powder Show 01939-01-26 26 de xaneiro de 1939 CBS
The Chase and Sanborn Show 01940-09-22 22 de setembro de 1940 NBC Red Network
The Sealtest Show 01940-10-17 17 de outubro de 1940 – 01942-05-14 14 de maio de 1942 NBC Red Network 74 episodios
The Screen Guild Theater: "The Great Man Votes" 01940-11-03 3 de novembro de 1940 CBS Gregory Vance
Salute to Ethel Barrymore: Forty Years a Star 01941-02-04 4 de febreiro de 1941 NBC Blue Network
Time to Smile 01941-02-26 26 de febreiro de 1941 NBC Red Network
Hollywood 01941-06-02 2 de xuño de 1941 CBS
United Service Organizations Benefit 01941-06-29 29 de xuño de 1941 CBS

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Malia que o libro de familia dos Barrymore indica a data como o 15 de febreiro, o seu certificado de nacemento indica o 14 de febreiro.[4][5][6]
  2. John Drew faleceu en 1862 cando a nai de John Barrymore tiña 6 anos de idade.[10]
  3. Un informe médico de 1934 afirmaba: "Dende os 14 anos de idade foi máis ou menos un borracho crónico".[22][23]
  4. Maurice casara de novo en 1894, un ano despois da morte da súa primeira muller. Mamie Floyd tiña entón 28 anos, e era filla duns amigos da familia.[25]
  5. Maurice permaneceu ingresado nesta institución ata a súa morte en marzo de 1905, recibindo visitas regulares dos seus fillos.[33]
  6. En opinión de Hollis Alpert, esta imaxe serían dúas unidas, xa que era pouco común que saísen os tres irmáns xuntos nas fotografías nos comezos das súas respectivas carreiras artísticas.[42]
  7. Estando en San Francisco coa representación de The Dictator, tivo lugar o terremoto de 1906. Barrymore caeu na bañeira do seu cuarto coa primeira sacudida, e posteriormente participou nas tarefas de recuperación axudando ás tropas do exército a limpar as estradas. John Drew declarou de forma irónica: "tivo que ser unha convulsión da Natureza a que o meteu nunha bañeira e o Exército dos Estados Unidos o que fixo que traballase".[55]
  8. 50$ no ano 1908 equivalerían aproximadamente a uns 1 300$ a data de 2016. 175$ de 1908 equivalerían aproximadamente a uns 4 000$ a data de 2016.[59]
  9. 600$ no ano 1912 equivalerían aproximadamente a uns $14 900 a data de 2016.[59]
  10. Ámbolos dous mantiveron o contacto, e cando Katherine faleceu a causa dunha pneumonía ós 36 anos de idade Barrymore estaba con ela no seu leito de morte.[85]
  11. Este rexistro mantívose ata 1936, momento no que foi superado por John Gielgud. O rexistro de Gielgud mantívose ata 1960, cando foi superado por Richard Burton nunha produción dirixida polo propio Gielgud.[120]
  12. 76 250 de 1925 equivalerían a algo máis dun millón de dólares a data de 2016.[59] Por este acordo tamén recibiu unha suite no Ambassador Hotel de Los Angeles, con dietas pagas e unha limusina con chofer.[133]
  13. 150 000$ de 1927 equivalerían a uns 2 millóns e medio de dólares a data de 2016.[59]
  14. The Man from Blankley's é un filme perdido.[148]
  15. 160 000$ de 1937 equivalerían uns a 2,5 millóns de dólares en 2016.[59]
  16. The New York Times fixo referencia ó programa como John Barrymore and Elaine Barrie, Actors, Interviewed, mentres que a Biblioteca do Congreso lístao como John and Elaine Barrymore.[233]
Referencias
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. 1,01,11,2 "Barrymore Dies at 60". The Washington Post. 30 de maio de 1942. p. 12. 
  2. McCaffrey, Donald W.; Jacobs, Christopher P. (1999). Guide to the Silent Years of American Cinema. Westport, CT: Greenwood Publishing Group. p. 32. ISBN 978-0-313-30345-6. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,6 Norden 2000.
  4. 4,04,1 Kobler 1977, p. 26.
  5. 5,05,15,2 Peters 1990, p. 9.
  6. Norden 1995, p. 1.
  7. Kobler 1977, p. 25.
  8. Fowler 1944, p. 14.
  9. Peters 1990, p. 10.
  10. Peters 1990, p. 11.
  11. Peters 1990, pp. 10–12.
  12. Morrison 1997, pp. 34–35.
  13. Kobler 1977, p. 31.
  14. Peters 1990, pp. 18–21.
  15. 15,015,115,215,315,4 Norden 1995, p. 2.
  16. 16,016,1 Peters 1990, p. 29.
  17. Morrison 1997, p. 36.
  18. Morrison 1997, p. 37.
  19. Morrison 1997, pp. 36–37.
  20. Kobler 1977, p. 41.
  21. Morrison 1997, p. 38.
  22. 22,022,1 Kobler 1977, p. 50.
  23. Mank 2007, p. 36.
  24. 24,024,1 Norden 1995, p. 3.
  25. Peters 1990, pp. 39, 41.
  26. Peters 1990, p. 45.
  27. Peters 1990, p. 38.
  28. Kobler 1977, p. 70.
  29. Peters 1990, p. 77.
  30. Kobler 1977, pp. 67–68.
  31. "Barrymore is Insane". The Minneapolis Journal. 30 de marzo de 1901. p. 4. 
  32. Morrison 1997, pp. 38–39.
  33. Kobler 1977, p. 69.
  34. Byers 1998, p. 28.
  35. Fowler 1944, p. 104.
  36. Peters 1990, pp. 79–80.
  37. Kobler 1977, pp. 75–76.
  38. Kobler 1977, p. 90.
  39. 39,039,139,2 Norden 1995, p. 4.
  40. Morrison 1997, p. 39.
  41. Morrison 1997, p. 30.
  42. Alpert 1965, pp. 76–78.
  43. Morrison 1997, p. 40.
  44. Peters 1990, pp. 88–89.
  45. Morrison 1997, pp. 40–41.
  46. Fowler 1944, pp. 114–15.
  47. Morrison 1997, p. 41.
  48. Alpert 1965, p. 126.
  49. Kobler 1977, p. 85.
  50. Kotsilibas-Davis, James (2000). "Barrymore, Maurice". American National Biography (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 6 de outubro de 2014. (require subscrición (?)). 
  51. 51,051,1 Norden 1995, p. 5.
  52. "At the Play". The Observer (Londres). 7 de maio de 1905. p. 6. 
  53. 53,053,1 "Barrymore, John, 1882–1942". North American Theatre Online. Alexander Street Press. Consultado o 28 de abril de 2014. (require subscrición (?)). 
  54. 54,054,1 Morrison 1997, p. 42.
  55. Norden 1995, p. 6.
  56. "Miss Barrymore Did Well". The Wichita Daily Eagle. 5 de maio de 1907. p. 17. 
  57. "Columbia—Jack Barrymore in The Boys of Company B". The Washington Post. p. 13. 
  58. Morrison 1997, pp. 43–44.
  59. 59,059,159,259,359,4 "Consumer Price Index (estimate) 1800–2014". Federal Reserve Bank of Minneapolis. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  60. Norden 1995, pp. 7–8.
  61. "Fortune Hunter Delightful Comedy". The New York Times. 5 de setembro de 1909. p. 9. 
  62. Kobler 1977, pp. 97–98.
  63. Peters 1990, p. 127.
  64. Morrison 1997, p. 47.
  65. Alpert 1965, p. 136.
  66. Fowler 1944, p. 142.
  67. Kobler 1977, p. 100.
  68. Darnton, Charles (1 de febreiro de 1912). "The New Plays". The Evening World (Nova York). p. 19. 
  69. "Theater Notes". The Washington Times. 4 de febreiro de 1912. p. 11. 
  70. 70,070,170,270,370,470,5 Norden 1995, pp. 80–83.
  71. 71,071,171,271,371,4 Morrison 1997, pp. 51–52.
  72. 72,072,172,2 Peters 1990, p. 149.
  73. Morrison 1997, p. 50.
  74. Kobler 1977, p. 107.
  75. Norden 1995, p. 8.
  76. "Drew's Family Scion Shows His Heritage". The Oregon Daily Journal (Portland). 10 de febreiro de 1914. p. 8. 
  77. 77,077,177,2 Peters 1990, p. 154.
  78. Morrison 1997, pp. 50–51.
  79. "Good Melodrama at the Longacre". The New York Times. 20 de outubro de 1914. p. 13. 
  80. Morrison 1997, p. 52.
  81. Barrymore 1971, Capítulo 1.
  82. Morrison 1997, pp. 52–53.
  83. "'Justice' Done Here with Superb Cast". The New York Times. 4 de abril de 1916. p. 11. 
  84. Kobler 1977, pp. 123–24.
  85. Kobler 1977, p. 124.
  86. Power-Waters 1942, p. 183.
  87. Farwell, Byron (2000). Over There: The United States in the Great War, 1917–1918 (en inglés). Nova York: Norton. p. 52. ISBN 978-0-393-32028-2. 
  88. Morrison 1997, p. 56.
  89. Peters 1990, p. 163.
  90. Peters 1990, pp. 163–65.
  91. Alpert 1965, p. 187.
  92. Morrison 1997, p. 59.
  93. "John Barrymore in Tolstoy Tragedy". The New York Times. 4 de outubro de 1918. p. 11. 
  94. "John Barrymore in "On the Quiet"". Iowa City Press-Citizen. 31 de decembro de 1918. p. 6 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  95. "The Test of Honor". American Film Institute. Consultado o 6 de decembro de 2014. 
  96. Peters 1990, p. 185.
  97. Morrison 1997, p. 74.
  98. "John Barrymore's Performance a Tremendous Drama in Itself Alone". Wid's Daily XII (4): 2. 4 de abril de 1920. 
  99. "'Beginning Today at 3'". The Washington Post. 2 de maio de 1920. p. 3. 
  100. Norden 1995, p. 92.
  101. Morrison 1997, pp. 72–78.
  102. Dorsey, Earle (14 de marzo de 1920). "St. Patrick and Some Others". Washington Herald. p. 23. 
  103. Woollcott, Alexander (8 de marzo de 1920). "The Play". The New York Times. p. 7. 
  104. 104,0104,1 Power-Waters 1942, p. 73.
  105. Kobler 1977, pp. 158–59.
  106. Morrison 1997, p. 124.
  107. Morrison 1997, pp. 124–25.
  108. "Reel Chatter". Iowa City Press-Citizen. 19 de xullo de 1921. p. 33 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  109. Power-Waters 1942, pp. 77–78.
  110. Davies, David Stuart (2001). Starring Sherlock Holmes. Londres: Titan Books. p. 18. ISBN 978-1-84023-250-9. 
  111. Werner 2014, p. 224.
  112. Dean, James W. (11 de maio de 1922). "Screen Personality? What is it? See John Barrymore". The Evening News (Mechanicsburg). p. 16 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  113. 113,0113,1113,2 Norden 1995, p. 14.
  114. Morrison 1997, pp. 126, 134 & 142.
  115. Morrison 1997, p. 214.
  116. Corbin, John (17 de novembro de 1922). "The Play". The New York Times. p. 14. 
  117. "Plays Reviewed". Brooklyn Life (New York, NY). November 25, 1922. p. 14. 
  118. Orson Welles (27 de outubro de 1963). Monitor. BBC Television. 
  119. Morrison 1997, p. 232.
  120. Gielgud 1979, p. 85.
  121. Morrison 1997, p. 144.
  122. Peters 1990, p. 250.
  123. Peters 1990, p. 251.
  124. "New Rex Theater". The Sheboygan Press. 26 de setembro de 1924. p. 14 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  125. "Barrymore is Great in Beau Brummel". Corsicana Daily Sun. 5 de agosto de 1924. p. 5 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  126. 126,0126,1 Kobler 1977, p. 259.
  127. 127,0127,1 "Obituary: John Barrymore". The Manchester Guardian. 1 de xuño de 1942. p. 6. 
  128. Peters 1990, p. 247.
  129. Gielgud 1979, p. 81.
  130. Croall, Jonathan (2000). Gielgud – A Theatrical Life, 1904–2000. Londres: Methuen. p. 125. ISBN 978-0-413-74560-6. 
  131. Peters 1990, pp. 248–49.
  132. Peters 1990, p. 265.
  133. 133,0133,1 Kobler 1977, p. 208.
  134. Power-Waters 1942, p. 99.
  135. Norden 1995, p. 97.
  136. Kobler 1977, pp. 219–22.
  137. Hall, Mordaunt (16 de xaneiro de 1926). "THE SCREEN; John Barrymore". The New York Times. 
  138. 138,0138,1138,2 Norden 1995, p. 16.
  139. Stephens, E. J.; Wanamaker, Marc (2010). Early Warner Bros. Studios. Charleston: Arcadia Publishing. p. 8. ISBN 978-0-7385-8091-3. 
  140. 140,0140,1 Morrison 1997, pp. 265–67.
  141. Morrison 1997, p. 265.
  142. Young, Stark (14 de setembro de 1927). "A Terrible Thing". The New Republic 52 (667): 98-99. (require subscrición (?)). 
  143. Kobler 1977, pp. 208 & 264.
  144. 144,0144,1144,2 Morrison 1997, p. 272.
  145. 145,0145,1 House, Lou Ann (28 de marzo de 1944). "Miss Oppenheimer Describes John Barrymore in Review". The Paris News. p. 2 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  146. Morrison 1997, pp. 267–68.
  147. Morrison 1997, p. 270.
  148. Tibbetts & Welsh 2010, p. 29.
  149. Peters 1990, p. 325.
  150. Dickstein, Martin (4 de maio de 1931). "The Cinema Circuit". Brooklyn Daily Eagle. p. 21. 
  151. Mank 2014, p. 60.
  152. Peters 1990, p. 336.
  153. Hall, Mordaunt (27 de febreiro de 1932). "Arsene Lupin (1932)". The New York Times. p. 22. 
  154. Golden, Eve (2013). John Gilbert: The Last of the Silent Film Stars. Lexington: University Press of Kentucky. p. 6. ISBN 0-8131-4163-X. 
  155. Norden 1995, pp. 109–10.
  156. Norden 1995, p. 110.
  157. "Librarian of Congress Announces 2007 Film Registry". Library of Congress. 27 de decembro de 2007. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  158. Bernardi, Daniel (2012). Hollywood's Chosen People: The Jewish Experience in American Cinema. Detroit: Wayne State University Press. p. 100. ISBN 978-0-8143-3807-0. 
  159. Mank, Gregory William (1994). Hollywood Cauldron: Thirteen Horror Films from the Genre's Golden Age. Jefferson, NC: McFarland & Company. p. 94. ISBN 978-0-7864-6255-1. 
  160. 160,0160,1 Peters 1990, p. 345.
  161. 161,0161,1 Peters 1990, p. 355.
  162. Peters 1990, p. 351.
  163. 163,0163,1 Norden 1995, p. 17.
  164. 164,0164,1164,2 "John Barrymore". Catalog of Feature Films. American Film Institute. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  165. Morrison 1997, pp. 273–74.
  166. "2011 National Film Registry More Than a Box of Chocolates". Library of Congress. 28 de decembro de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  167. 167,0167,1 Morrison 1997, p. 275.
  168. 168,0168,1168,2 Norden 1995, p. 18.
  169. Morrison 1997, p. 276.
  170. Norden 1995, p. 19.
  171. Morrison 1997, p. 277.
  172. Mank 2014, p. 33.
  173. "Girls and Mother Guests on Barrymore's Cruise". The Nevada State Journal. 1 de xuño de 1935. p. 3 – vía Newspapers.com. (require subscrición (?)). 
  174. Stork, Mike (2007). Foss Maritime Company. Mount Pleasant: Arcadia Publishing. p. 115. ISBN 978-0-7385-4881-4. 
  175. Morrison 1997, pp. 278–79.
  176. Norden 1995, pp. 19 & 122.
  177. Peters 1990, p. 394.
  178. Morrison 1997, p. 282.
  179. Norden 1995, p. 30.
  180. "As You Like It; Listeners Have a Choice of Shakespeare as Broadcasters Woo the Bard". The New York Times. 18 de xullo de 1937. p. 10. 
  181. 181,0181,1 Norden 1995, pp. 143–45.
  182. Peters 1990, p. 407.
  183. 183,0183,1 Morrison 1997, p. 286.
  184. Norden 1995, pp. 20–21.
  185. Nugent, Frank (6 de abril de 1939). "'Midnight,' With Don Ameche and Claudette Colbert, Strikes a Seasonal High in Comedy at the Paramount". The New York Times. p. 35. 
  186. O'Sullivan, Michael (18 de decembro de 2013). "Library of Congress announces 2013 National Film Registry selections". The Washington Post. 
  187. Morrison 1997, pp. 288–89.
  188. Morrison 1997, pp. 289–90.
  189. "John Barrymore's Ad Lib Clowning Wows Theater Audiences in Chicago". Life 7 (23): 50. 4 de decembro de 1939. 
  190. 190,0190,1 "The Strange Case of John Barrymore: Back on Broadway". Life 8 (7): 86. 12 de febreiro de 1940. 
  191. Atkinson, Brooks (1 de febreiro de 1940). "The Play; John Barrymore Returns to New York After 17 Years—Acts Chief Part in My Dear Children". The New York Times. p. 25. 
  192. "At the Palace". The New York Times. 18 de outubro de 1940. p. 18. 
  193. Norden 1995, p. 23.
  194. Morrison 1997, p. 295.
  195. Kobler 1977, p. 376.
  196. Donnelley, Paul (2003). Fade to Black: A Book of Movie Obituaries. Londres: Omnibus. p. 67. ISBN 978-0-7119-9512-3. 
  197. 197,0197,1 "John Barrymore". The New York Times. 1 de xuño de 1942. (require subscrición (?)). 
  198. Morrison 1997, p. 298.
  199. Morrison 1997, p. x.
  200. Peters 1990, p. 231.
  201. Williams, Joe (2012). Hollywood Myths: The Shocking Truths Behind Film's Most Incredible Secrets and Scandals. Londres: Voyageur Press. p. 18. ISBN 978-0-7603-4241-1. 
  202. "Great Profile Set in Cement". Life 9 (14): 62–63. 30 de setembro de 1940. 
  203. "John Barrymore". Hollywood Walk of Fame. Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  204. "Members". American Theater Hall of Fame. Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  205. Morrison 1997, p. 529.
  206. Stephenson, William (2000). "Barrymore, Lionel". American National Biography. Oxford University Press. Consultado o 16 de decembro de 2014. (require subscrición (?)). 
  207. McArthur, Benjamin (2000). "Barrymore, Ethel". American National Biography. Oxford University Press. Consultado o 16 de decembro de 2014. (require subscrición (?)). 
  208. "Hardcovers in Brief". The Washington Post. 15 de febreiro de 1998. p. X13. 
  209. "John Barrymore Remembered at Film Tribute". MoMA (Museum of Modern Art) 23: 2. 1982. JSTOR 4380890. 
  210. Anderson, Susan Heller (9 de xuño de 1982). "Barrymore Stamp Notes Actors' Fund Centenary". The New York Times. 
  211. Almenas, Maxim (19 de febreiro de 2010). "Council renames Central Road after actor John Barrymore". NorthJersey.com. 
  212. Norden 1995, pp. 162–65.
  213. "The Week's Theatres: "Theatre Royal"". The Observer (Londres). 28 de outubro de 1934. p. 34. 
  214. "The Royal Family of Broadway". American Film Institute. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  215. Norden 1995, pp. 176–77.
  216. Thompson, Howard (10 de maio de 1958). "Diana Barrymore's Story at 2 Theatres". The New York Times. 
  217. Rudnick, Paul (24 de decembro de 2007). "I Hit Hamlet". The New Yorker. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  218. Armitstead, Claire (13 de maio de 1994). "Nicol's Animal Magic". The Guardian (Londres). p. A6. 
  219. Kauffmann, Stanley (1997). "Timeless Acting". Salmagundi (Skidmore College) (114/115): 49–50. JSTOR 40548961. 
  220. "Barrymore". American Film Institute. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  221. Norden 1995, pp. 31–78.
  222. "John Barrymore". Internet Broadway Database. Consultado o 28 de abil de 2014. 
  223. Norden 1995, pp. 80–140.
  224. "Filmography: Barrymore, John". Film & TV Database. British Film Institute. Consultado o 25 de abril de 2014. 
  225. Miller, Blair (1995). American Silent Film Comedies: An Illustrated Encyclopedia of Persons, Studios and Terminology (en inglés). Jefferson: McFarland & Co. p. 225. ISBN 978-0-89950-929-7. 
  226. Kobler 1977, p. 116.
  227. 227,0227,1227,2227,3227,4227,5 Tibbetts & Welsh 2010, p. 26.
  228. "National Red Cross Pageant". AFI Catalog of Feature Films. American Film Institute. Consultado o 30 de abril de 2014. 
  229. Tibbetts & Welsh 2010, p. 27.
  230. Peters 1990, p. 323.
  231. 231,0231,1231,2 "National Film Registry Titles 1989–2013". Library of Congress. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  232. Norden 1995, pp. 142–56.
  233. Norden 1995, p. 143.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alpert, Hollis (1965). The Barrymores (en inglés). Londres: W.H. Allen. OCLC 30274937. 
  • Barrymore, John (1971) [1926]. Confessions of an Actor (en inglés). Nova York: B Blom. OCLC 892036158. 
  • Byers, Paula K., ed. (1998). "The Barrymores". Encyclopedia of World Biography (en inglés). Detroit: Gale Research. ISBN 978-0-7876-2541-2. 
  • Fowler, Gene (1944). Good Night, Sweet Prince (en inglés). Nova York: Viking Press. OCLC 551284939. 
  • Gielgud, John (1979). An Actor and His Time (en inglés). Londres: Sidgwick and Jackson. ISBN 978-0-283-98573-7. 
  • Kobler, John (1977). Damned in Paradise: The Life of John Barrymore (en inglés). Nova York: Atheneum. ISBN 978-0-689-10814-3. 
  • Mank, Gregory William (2007). Hollywood's Hellfire Club: The Misadventures of John Barrymore, W.C. Fields, Errol Flynn and the "Bundy Drive" Boys (en inglés). Feral House. ISBN 978-1-932595-24-6. 
  • Mank, Gregory William (2014). The Very Witching Time of Night: Dark Alleys of Classic Horror Cinema (en inglés). Jefferson: McFarland & Company. ISBN 978-0-7864-4955-2. 
  • Morrison, Michael A. (1997). John Barrymore, Shakespearean Actor (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-62028-4. 
  • Norden, Martin F. (1995). John Barrymore: A Bio-Bibliography (en inglés). Westport: Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-313-29268-2. 
  • Norden, Martin F. (2000). "Barrymore, John". American National Biography (en inglés). Oxford University Press. 
  • Peters, Margot (1990). The House of Barrymore (en inglés). Nova York: Touchstone. ISBN 978-0-671-74799-2. 
  • Power-Waters, Alma (1942). John Barrymore, The Authorized Life (en inglés). Londres: Stanley Paul & Co. OCLC 8154948. 
  • Tibbetts, John C.; Welsh, James M. (2010). American Classic Screen Features (en inglés). Plymouth: Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7679-8. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_Barrymore&oldid=4516992"