John Millington Synge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Millington Synge
John Millington Synge.jpg e John Millington Synge - Project Gutenberg eText 19028.jpg
Nacemento 16 de abril de 1871
  Rathfarnham
Falecemento 24 de marzo de 1909
  Dublín
Causa Linfoma
Nacionalidade Irlanda
Etnia Pobo irlandés
Alma máter Universidade de París
Ocupación dramaturgo, poeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

John Millington Synge, nado en Rathfarnham o 16 de abril de 1871 e finado en Dublín o 24 de marzo de 1909, foi un dramaturgo, poeta, prosista e recompilador de folclore irlandés. É unha figura clave no renacemento literario irlandés e un dos fundadores do Abbey Theatre. É conocido sobre todo pola súa obra The Playboy of the Western World, que causou disturbios en Dublín durante a súa estrea no Abbey Theatre.

Aínda que proviña dun ambiente de clase media protestante, os escritos de Synge refírense principalmente ao mundo dos campesiños católicos da Irlanda rural e co que el consideraba o paganismo esencial do seu punto de vista sobre o mundo.

Synge padeceu a enfermidade de Hodgkin, unha forma de cancro daquela intratable. Faleceu poucas semanas antes do seu 38.º aniversario.

Legado[editar | editar a fonte]

As obras de Synge axudaron a establecer o estilo do Abbey durante as seguintes catro décadas. O estilizado realismo da súa escritura reflectíase no sistema de interpretación ensinado na escola do teatro, e as obras sobre a vida campesiña foron o principal ingrediente do repertorio ata finais da década de 1950. Sean O'Casey, o seguinte dramaturgo principal que escribiu para o Abbey, coñecía ben a obra de Synge e intentou facer coas clases traballadoras dublinesas o que o seu predecesor fixera cos pobres das zonas rurais.

A crítica Vivian Mercier atopouse entre os primeiros que recoñeceron a débeda de Samuel Beckett con Synge. Beckett era un membro regular do público que acudía ao Abbey na súa mocidade e admirou en particular as obras de Yeats, Synge e O'Casey. Mercier sinala paralelismos entre as figuras de Synge de vagabundos, mendigos e campesiños, e moitas das personaxes das novelas e obras dramáticas de Beckett.

A casa de Synge nas illas Árann foi restaurada para convertela en atracción turística. Cada verán dende 1991 celébrase anualmente no lugar de Rathdrum (Wicklow), unha "Escola de Verán Synge".

Obra[editar | editar a fonte]

  • In the Shadow of the Glen, 1903
  • Riders to the Sea, 1904. Adaptada ao galego como Xinetes para o mar por Antón Villar Ponte.[1][2]
  • The Well of the Saints, 1905
  • The Aran Islands, 1907
  • The Playboy of the Western World, 1907. Adaptada ao galego como O mozo que chegou de lonxe (A cantiga de Cristobo Alveiros) por Alberto Avendaño.[3][4]
  • O casamento do latoeiro (The Tinker's Wedding), 1908. Traducida ao galego por Ramón de Valenzuela.[5]
  • Poems and Translations, 1909
  • Deirdre of the Sorrows 1910
  • In Wicklow and West Kerry, 1912
  • Collected Works of John Millington Synge 4 volumes, 1962–1968
    • Volume 1 Poems, 1962
    • Volume 2 Prose, 1966
    • Volumes 3 e 4 Plays, 1968

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Greene, David H. & Stephens, Edward M. "J.M. Synge 1871-1909" (The MacMillan Company, Nueva York 1959)
  • Igoe, Vivien. A Literary Guide to Dublin. (Methuen, 1994) ISBN 0-413-69120-9
  • Kiely, David M. John Millington Synge: A Biography (Nueva York, St. Martin's Press, 1994) ISBN 0-312-13526-2
  • McCormack, W. J. Fool of the Family: A Life of J. M. Synge (New York University Press, 2001) ISBN 0-8147-5652-2
  • Mercier, Vivian, Beckett/Beckett (OUP 1977) ISBN 0-19-281269-6
  • Ryan, Philip B. The Lost Theatres of Dublin. (The Badger Press, 1998) ISBN 0-9526076-1-1
  • Synge, J.M.. The Complete Plays. 1st. Nueva York: Vintage Books, 1935.
  • Synge, J.M.; "The Aran Islands" editada con una introducción de Tim Robinson (Penguin 1992) ISBN 0-14-018432-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_Millington_Synge&oldid=4705146"