John P. Marquand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
John P. Marquand
Nome completo John Phillips Marquand
Alcume J.P. Marquand
Nacemento 10 de novembro de 1893
  Wilmington
Falecemento 16 de xullo de 1960
  Newburyport
Soterrado Massachusetts
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educado en Universidade Harvard
Ocupación xornalista, novelista e escritor
editar datos en Wikidata ]

John Phillips Marquand, nado en 1893 e finado en 1960, foi un novelista americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marquand naceu en Wilmington, Delaware e medrou nos suburbios de Nova York. Tras un empeoramento da situación económica da súa familia, os pais enviárono a vivir cos seus tíos en Newbutyport, Massachusetts, onde cursou os estudos elementais.

Graduouse en Harvard en 1915, traballou como xornalista durante algún tempo e serviu como voluntario na Primeira Guerra Mundial. Á súa volta aos Estados Unidos traballou como xornalista e máis tarde como publicista. En 1922 casou con Christina Sedgwick, filla do editor de The Atlantic Monthly, un dos xornais máis prestixiosos do país. En 1925 publicou o seu primeiro libro, unha exploración da vida e da lenda de Timothy Dexter (1763-1806), un excéntrico personaxe do século XVIII.

Converteuse nun escritor prolífico e exitoso en revistas populares como Saturday Evenint Post. A mediados dos anos 30, Marquand comeza a publicar unha serie de novelas satíricas sobre a vida norteamericana, centradas en Nova Inglaterra, a primeira foi The Late George Apley (1937) unha sátira da clase alta bostoniana que gañou o premio Pulitzer (1938), outras novelas foron Wickford Point (1939), H.M. Pulham, Esquire (1941), So Little Time (1941) e Point of No Return (1949), retrato satírico do antropólogo de Harvard W. Lloyd Warner. Entre 1937 ata 1960 foi un dos novelistas máis populares dos Estados Unidos, hoxe está case esquecido, e tan só se lembra por unha serie de novelas de detectives centradas no personaxe ficticio de Mr. Moto, a primeira foi Your Turn, Mr. Moto(1935) e que protagonizou Peter Lorre.

Casou por segunda vez con Adelaide Ferry Hooker, irmá da muller de John D. Rockefeller.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_P._Marquand&oldid=4553586"