John Schlesinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
John Schlesinger
Nacemento 16 de febreiro de 1926
Lugar Londres
Falecemento 25 de xullo de 2003
Lugar Palm Springs
Causa Ictus
Nacionalidade Reino Unido
Profesión director de cine, actor e guionista
editar datos en Wikidata ]

John Richard Schlesinger, nado en Londres o 16 de febreiro de 1926 e finado en Palm Springs, California o 25 de xullo de 2003, foi un director de cinema inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia xudía de clase media comezou traballando como actor nos anos cincuenta, tanto en películas coma na televisión.

Comezou a dirixir nos sesenta, con documentais como Terminus, premiado en Venecia. O seu primeiro filme de ficción, A Kind of Loving gañou o Oso de Ouro de Berlín.

Cowboy de medianoite foi un éxito internacional, co que gañaría o Oscar ó mellor director.

Tras sufrir varios problemas cardíacos, finou en 2003.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1962 - A Kind of Loving
  • 1963 - Billy Liar
  • 1965 - Darling
  • 1967 - Lonxe do mundanal ruído
  • 1969 - Cowboy de medianoite
  • 1971 - Domingo, maldito domingo
  • 1975 - Como praga de langosta
  • 1976 - Marathon Man
  • 1979 - Yanks
  • 1981 - Honky Tonk Freeway
  • 1982 - Privileged
  • 1985 - The Falcon and the Snowman
  • 1987 - Os crentes
  • 1988 - Madame Sousatzka
  • 1990 - Pacific Heights
  • 1993 - The Innocent
  • 1996 - Eye for an Eye
  • 2000 - The Next Best Thing

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_Schlesinger&oldid=4551088"