John von Neumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John von Neumann
JohnvonNeumann-LosAlamos.gif
Nome completoJhon Neumann János Lajos
Nacemento28 de decembro de 1903
 Budapest
Falecemento8 de febreiro de 1957
 Walter Reed Army Medical Center
CausaCancro de próstata
SoterradoCemitério de Princeton
NacionalidadeHungría, Estados Unidos de América e Imperio Austrohúngaro
EtniaAsquenací, Maxiar e Pobo xudeu
RelixiónApostasy in Catholicism
Educado enInstituto Federal de Tecnologia de Zurique, Universidade Eötvös Loránd e Instituto Federal de Tecnologia de Zurique
Ocupaciónmatemático, informático teórico, químico, físico, enxeñeiro, inventor, economista, científico nuclear e catedrático de universidade
CónxuxeKlara Dan von Neumann
FillosMarina von Neumann Whitman
Coñecido/a porTeoría dos xogos, teoria ergódica, Teoría de conxuntos, Autômato celular de von Neumann, Vizinhança de von Neumann, Construtor universal de Von Neumann, arquitetura de von Neumann, álgebra de von Neumann, Von Neumann–Morgenstern utility theorem e anel Von Neumann regular
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Medalha Carl-Gustaf Rossby, Prêmio Bôcher, Prêmio Enrico Fermi, Gibbs Lecture, Fellow of the American Physical Society e Silliman Memorial Lectures
editar datos en Wikidata ]

John von Neumann, ou polo seu nome orixinal húngaro Margittai Neumann János Lajos, nado en Budapest o 28 de decembro de 1903 e finado en Washington, D.C. o 8 de febreiro de 1957, foi un científico, físico e matemático húngaro. Está considerado un dos máis importantes científicos do século XX[Cómpre referencia].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa desde ben pequeno mostrou xenio e boa memoria, realizando complicadas operacións matemáticas ou podendo incluso memorizar páxinas completas da guía telefónica. Sen ir moito a clase, obtivo brillantes cualificacións en matemáticas na Universidade de Budapest. De 1921 a 1923 estudou química en Berlín e, despois, graduouse en enxeñaría química en Zürich. Doutorouse en Matemáticas aos vinte e tres anos e con vinte e cinco xa era considerado un xenio para a comunidade de matemáticos. En 1933 xunto a Alexander, Veblen, Einstein, Morse e Weyl converteuse nun dos grandes seis primeiros profesores de matemáticas do Instituto para o Estudo Adiantado de Princeton (USA) onde estivo o resto da súa vida. Durante a Segunda Guerra Mundial foi conselleiro das Forzas Armadas dos Estados Unidos, formou parte do Proxecto Manhattan e contribuíu á fabricación da bomba de hidróxeno.

Xunto a Oskar Morgenstern, en 1944 publicou Theory of Games and Economic Behavior, que revolucionou a área da economía, introducindo novos métodos matemáticos para a análise de problemas económicos, en concreto aplicou a teoría de xogos de suma cero. Foi un dos iniciadores das ciencias da computación, e precursor do primeiro computador, para os que definiu o bit -contracción de "binary digit"- como unidade de memoria, o seu último libro dedicouno a este campo The Compute and the Brain do 1958.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Mathematical Foundations of Quantum Mechanics, 1932.
  • Theory of Games and Economic Behavior, 1944.
  • The Compute and the Brain, 1958.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=John_von_Neumann&oldid=4565604"