Jorge Emilio Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Emilio Bóveda
Jorge Emilio Bóveda (AELG)-1.jpg
Nacemento9 de xuño de 1975
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio
editar datos en Wikidata ]

Jorge Emilio Bóveda Álvarez, nado en Ourense o 9 de xuño de 1975, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo traballa coma mestre de lingua inglesa ademais de colaborar con diversos medios literarios.

Comezou a escribir de moi neno e as súas primeiras incursións visibles na narrativa foron nos certames de Relatos de Verán de La Voz de Galicia, resultando finalista no ano 2000 co relato titulado "Un cambio en su vida". Tamén estivo vinculado á prensa e colaborou nos periódicos Mundourense, Ourense por Barrios e Noticias Galicia tanto na súa faceta de articulista como na de debuxante de humor gráfico. En canto á narrativa comezou a publicar profesionalmente no 2010 grazas ao editor David González Couso.

Escribiu a primeira obra en galego sobre a historia do cinema de terror (A xanela escura. Urco 2011) e un ensaio sobre a ficción científica literaria cun capítulo adicado ao tratamento dese xénero na literatura galega (A xanela insólita. Urco 2014).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Mälström ou a caixa do correo, 2008, Bubok.
  • A vila das ánimas, 2010, Toxosoutos.
  • A habitación secreta, 2012, Toxosoutos.
  • "Divina de la muerte": asasinato no centro comercial, 2013, Enxebrebooks.
  • A morte vén en chancletas (problemas novos para Leopardo), 2015, Enxebrebooks.
  • As sete mortes de Leopoldo Pardo (do caso que lle aconteceu), 2018, Xerais.
  • Eternos propietarios, 2019, Do Peirao.

Ensaio e artigos[editar | editar a fonte]

  • A través de cristal. Breviario de perspectivas, 2006, Liberlibro (tamén edición dixital).
  • Seres estares pareceres: voces copulativas, 2010, Liberlibro.
  • A xanela escura. Tres arquetipos do terror no cinema 2010, Urco editora.
  • Aforismo limitado de pensamento e sentido común, 2011, Liberlibro.
  • A xanela insólita. Historia reducida da ficción científica literaria, 2013, Urco editora.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Baúles, 2004, Liberlibro.
  • Proyecto "Allende", 2004, Liberlibro.
  • El efecto sufijo, 2005, Liberlibro.
  • Vuesencia : narraciones en amarillo, negro y verde : narraciones grotescas, inquietantes y esperanzadoras, 2008, Liberlibro.
  • El gallo de morón__ o El tercer motivo, 2009, Liberlibro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Relatos de verán, 2000, Ir indo edicións.
  • Relatos de verán, 2002, Ir indo edicións.
  • Nudos, 2009, Liberlibro.
  • Un intruso sonoro, 2009, Liberlibro.
  • En el envés de la luna, 2009, Círculo poético orensano.
  • Colectivo 1, 2010, Concello de Ourense.

Premios[editar | editar a fonte]

Premio de novela Do Peirao 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jorge_Emilio_Bóveda&oldid=5190599"