José Antela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antela
Nacemento1900
 Vigo
Falecemento27 de agosto de 1936
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista de Galicia (España), alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á UGT, militante do PSOE e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de Lavadores. Foi destituído polo gobernador civil o 12 de setembro de 1934,[4] e despois da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.

Cando se produciu o golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, o día 20 en Vigo, á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día 23, en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo Lavadores, mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do Fronte Popular e sindicalistas da UXT, CNT, así como da FAI. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de Mos e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun consello de guerra o 22 de agosto, condenado á morte por traizón e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no Cemiterio de Pereiró cinco días despois, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o presidente da agrupación socialista de Vigo, Apolinar Torres, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados e ex-deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha saca.


Predecesor:
Ramón Quintela Pérez
 Sen escudo.svg
Alcalde de Lavadores
 
1931 - 1934
Sucesor:
Ángel Rodríguez Álvarez
Predecesor:
Ángel Rodríguez Álvarez
 Sen escudo.svg
Alcalde de Lavadores
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Briallos, Antón (2003). "Vigo 1936. La contribución libertaria a la resistencia contra el alzamiento militar de 1936 en Vigo" (PDF). Santiago de Compostela: Ateneo Libertario Ricardo Mella. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  2. Entrada, no Dicionario biográfico del socialismo español
  3. Entrada de Apolinar Torres, no Diccionario biográfico del socialismo español.
  4. El Pueblo Gallego, 13-9-1934, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Antela&oldid=5115305"