José Antonio Fernández Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Fernández Romero
Nome completoJosé Antonio Fernández Romero
Nacemento5 de xullo de 1931
 Ponteareas
Falecemento19 de decembro de 2011
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Fernández Romero, nado en Ponteareas o 5 de xullo de 1931 e finado en Vigo o 19 de decembro de 2011, foi un profesor universitario e tradutor español, Doutor en Filosofía e Letras e Licenciado en Filoloxía Islandesa.

Foi profesor en varias universidades nórdicas, de Islandia, Finlandia e Suecia, e na Universidade de Vigo. Foi un tradutor de Halldór Laxness, Jóhann Hjálmarsson e Hans Christian Andersen, entre outros autores. En 1996 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola Antoloxía da Poesía Nórdica, traducido en conxunto con Francisco Uriz[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francisco Uriz gana el Nacional a la Obra de un Traductor". El Periódico de Aragón.com. Europa Press. 7 de novembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Antonio_Fernández_Romero&oldid=4986948"