José Benito Amado Boullosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Benito Amado Boullosa
Nacemento19 de marzo de 1822
 Marín
Falecemento1886
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, mariño, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Benito Amado Boullosa, nado en Marín o 19 de marzo de 1822 e finado en Pontevedra en 1886, foi un mariño e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de navieiros galegos, fixo estudios marítimos aínda que abandonou a profesión para se dedicar á política. Foi un activo xornalista, colaborou en La Distracción, e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. Foi elixido deputado por Pontevedra en 1854. En 1868 foi nomeado gobernador civil de Ourense e posteriormente de Pontevedra. Foi senador pola provincia de Pontevedra (1871-1872 e 1872-1873). Participou nos primeiros xogos florais de Galicia co poema "El canto de la negra", recollido no Álbum de la Caridad, que foi moi popular. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez.

Unha súa irmá, Serafina, casou co tamén escritor Xoán Manuel Pintos.

Obras[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Misterios de Pontevedra, 1845.
  • Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional, 1859.
  • Charino o la conquista de Sevilla.
  • El castillo de los Chuchurraos.
  • Los Nodales.
  • María o la Virgen del Valle.
  • Elvira, Alfonso y Laura.

En galego[editar | editar a fonte]

É autor de dúas composicións: "Saudades", publicado en O Tio Marcos d'a Portela (1876), e “A romería” (1882).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Benito_Amado_Boullosa&oldid=5018468"