José Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Cerviño Cerviño
Mons. Cerviño (31256588336).jpg
José Cerviño
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1920 en Aldán, Cangas
Pasamento18 de abril de 2012 en Vigo
Ordes
Ordenación sacerdotal6 de abril de 1946
Consagración episcopal28 de xullo de 1968, por Fernando Quiroga Palacios
Bispo de Tui-Vigo
1976 - 1996
PredecesorJosé Delicado Baeza
SucesorXosé Diéguez Reboredo
Cargos anterioresBispo auxiliar de Santiago de Compostela (1968-1976)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

José Cerviño Cerviño, nado en Aldán (Cangas) o 21 de agosto de 1920 e finado en Vigo o 18 de abril de 2012, foi un bispo católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenouse sacerdote en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1946. Ocupou diversos cargos como sacerdote, entre eles o de crego da parroquia urbana de San Miguel dos Agros en Santiago de Compostela, e despois foi reitor do Seminario Arquidiocesano.

O 4 de xuño de 1968 o papa Paulo VI nomeouno bispo titular de Benepota e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, do que era titular o cardeal Quiroga Palacios, e recibiu a ordenación episcopal o 28 de xullo dese ano. Trala morte do arcebispo en decembro de 1971, ata abril de 1973 rexeu a arquidiocese coma vicario capitular, é dicir, coma bispo en funcións.

O 20 de maio de 1975 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Tui-Vigo. Tomou posesión, por procurador, o 9 de xuño de 1975, e ocupou a súa praza o 21 dese mesmo mes. O 8 de novembro de 1976 Paulo VI nomeouno bispo de Tui-Vigo. Coma tal, tomou posesión da diocese na catedral de Tui o 18 de decembro de 1976.

Logo de vinte e un anos de servizo nesa diocese, renunciou ao seu cargo en 1995, ao acadar a idade de xubilación, pero non lle foi aceptada ata o 7 de xuño de 1996. Dende ese día ata o 14 de xullo do 1996, cando tomou posesión o novo bispo, rexeu a diocese coma administrador apostólico. A partir desa data quedou como bispo emérito.

Está enterrado na Capela do Santísimo da Catedral de Tui.

Sucesión apostólica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sucesión apostólica.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
José Delicado Baeza
 Bispo de Tui-Vigo 
1976 - 1996
Sucesor:
Xosé Diéguez Reboredo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Cerviño&oldid=4815144"