José García García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José García García
Nacemento1922
 Silleda
Falecemento28 de outubro de 2007
 Silleda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José García García, nado en Silleda o 13 de febreiro de 1922 e falecido na mesma vila o 28 de outubro de 2007,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto da Estrada. Foi delegado da Organización Juvenil Española (1943-1947) e secretario do Sindicato Vertical de Silleda (1946-1951). Funcionario do concello de Silleda, foi secretario da Junta Municipal do Movimiento (1951-1976). Formou parte dos grupos directivos de Acción Católica e de Cáritas Diocesana. A partir de 1946 promoveu o cooperativismo agrario, sendo presidente de dúas cooperativas provinciais e de UTECO-Pontevedra. Promoveu a Asociación Agraria Provincial (GAP) da que foi vicepresidente, federada na Rexional e Nacional UFADE.

Na Transición foi elixido membro do Comité Executivo do Partido Gallego Independiente no seu primeiro Congreso Federal constituinte en febreiro de 1977. O PGI integrouse na UCD e foi elixido Senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1977. En 1979 volveu ao Senado tamén pola UCD.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lidia Otero Alonso.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_García_García&oldid=4899180"