José Juncal Verdulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Juncal Verdulla
José Juncal Verdulla 1933.jpg
Nacemento4 de decembro de 1869
 Pontevedra
Falecemento20 de xuño de 1961
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

José Juncal Verdulla, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1869 e finado en Barcelona o 20 de xuño de 1961[1], foi un pedagogo, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Republicano lerrouxista, como xornalista fundou El Grito del Pueblo, dirixiu La Unión Republicana, La Acción e La Libertad e colaborou en El Combate, El Progreso e Galicia en Cataluña (Barcelona). Casado con Amelia Lerroux, irmá de Alejandro Lerroux, por motivos políticos estableceuse en Barcelona en 1910. Foi director da Escola de Maxisterio de Barcelona e presidente do Centro Galego de Barcelona, baixo o seu mandato a entidade meteuse de cheo na política radical, ata o punto de acabar actuando como un apéndice daquel partido. Foi o primeiro presidente da Federación de Casas regionales de Barcelona, colectivo fundado en 1929. Foi concelleiro e tenente-alcalde de Barcelona. Nomeado embaixador en Portugal en outubro de 1933, continuou no cargo ata febreiro de 1936, sendo substituído por Claudio Sánchez Albornoz.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Elementos de ciencia gramatical de la lengua hispanoamericana, 1912 e 1914.
  • La cuestión pedagógica en España, 1923.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Juncal_Verdulla&oldid=4615908"