José Luis Fernández Mouriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
José Luis Fernández Mouriño

Alcalde
2003 – Actualidade

Datos persoais
Nacemento Carral Galicia Galicia
Partido PPdeG
Profesión Político e empresario

José Luis Fernández Mouriño, nado en Carral en 1962, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi empresario do sector da panadería. Foi concelleiro en Carral polo PPdeG dende 1991. En agosto de 2003 foi elixido alcalde de Carral por unha moción de censura contra o ex alcalde socialista, Juan Manuel Vales co apoio de dous concelleiros nacionalistas. Posteriormente destituíu aos concelleiros do BNG. En maio de 2004 o PPdeG readmitiuno para encabezar a lista electoral en Carral. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Carral e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Foi deputado provincial entre 1997 e 2003, e volveu ocupar un escano na Deputación en 2011.


Predecesor:
Juan Manuel Vales
 Carral.svg
Alcalde de Carral
 
2003 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Luis_Fernández_Mouriño&oldid=4834792"