José Mário Branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Mário Branco
Nacemento13 de marzo de 1939 e 25 de maio de 1942
 Porto
NacionalidadePortugal
Ocupaciónactor, cantautor e cantante
editar datos en Wikidata ]

José Mário Branco é un músico e compositor portugués.

Iniciou a súa carreira durante o fascismo, tendo sido perseguido e exilado na Francia. Traballou con José Afonso e Sérgio Godinho, entre outros nomes da música portuguesa. Personalidade irrascíbel e resistente, de rara coherencia, traballou igualmente no teatro e no cinema. Son obras súas famosas os discos "Ser Solidário", "Margem de Certa Maneira", "A noite" e o emblemático "FMI", obra síntese do movemento revolucionário portugués cos seus soños e desencantos. Esta última foi polo mesmo proibida de ser reproducida en calquera radio, televisión ou outro tipo de exhibición pública. A pesar disto "FMI" é, probabelmente, a súa obra máis coñecida.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Mário_Branco&oldid=4971684"