José María Calatrava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Calatrava
José María Calatrava.jpg
Nome completoJosé María Calatrava Peinado
Nacemento26 de febreiro de 1781
 Mérida
Falecemento17 de xaneiro de 1846
 Madrid
SoterradoPanteón de homes ilustres
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Sevilla
Ocupaciónmaxistrado, diplomático, político, avogado e xuíz
editar datos en Wikidata ]

José María Calatrava Peinado, nado en Mérida o 26 de febreiro de 1781 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 1846, foi un político e xurista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou en contra da ocupación francesa dende a Xunta Suprema de Estremadura, onde foi elixido deputado en 1810 e participou nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcerado en Melilla, até que foi liberado pola chegada dos liberais ao poder, sendo nomeado Maxistrado do Tribunal Supremo, e dende 1822 até 1823, Ministro de Xustiza. Ao fin do Trienio liberal tivo que exiliarse a Inglaterra xunto co seu irmán Ramón María Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada á rexencia de María Cristina regresa a España, onde tras o Motín de San Ildefonso, é nomeado Presidente do Consello de Ministros, encargándolle a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Francisco Javier de Istúriz
José María Calatrava
Precede a:
Baldomero Espartero
Presidente do Goberno de España

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_María_Calatrava&oldid=4754841"