José María Vidal Cepeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Vidal Cepeda
José María Vidal Cepeda 1909.jpg
Nacemento22 de xullo de 1823
 Padrón
Falecemento14 de abril de 1907
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José María Vidal Cepeda, nado en Padrón o 22 de xullo de 1823 e finado o 14 de abril de 1907, foi un mestre e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou latín e filosofía, e despois obtivo o título de piloto. Embarcou e realizou diversas rutas até recalar en Cuba, onde comezou a dar clases, a súa verdadeira vocación. Regresou a Padrón en 1851, e solicitou a Isabel II poder examinarse como mestre sen pasar pola Escola Normal. Tras aprobar todas as materias e a reválida, estableceuse nun colexio de Padrón.

Casou con Arminda Astray, pero ficou viúvo aos cinco anos. Foi un gran benfeitor da vila. Entre as súas doazóns están as escaleiras da ermida de Santiaguiño do Monte, as escaleiras ao convento do Carme, a urna e accesorios da procesión do Venres Santo e as lámpadas da igrexa de Iria e do altar do convento do Carme. En 1900 financiou a construción do muro do Santiaguiño, entre a ermida e as rochas.

Foi enterrado no camposanto de Adina. No seu testamento deixou como herdeiros á xente pobre de Padrón. En 1909 instalouse unha placa na casa onde morreu.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_María_Vidal_Cepeda&oldid=4974123"