José Mariano Quindós Tejada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Mariano Quindós Tejada
José Mariano Quindós.jpg
Nome completoJosé Mariano Quindós y Tejada
Nacemento29 de xaneiro de 1822
 Ferrol
Falecemento3 de xaneiro de 1900
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

José Mariano Quindós Tejada, nado en Ferrol o 29 de xaneiro de 1822 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1900, fue un aristócrata e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo póstumo de José María Quindós Pardo, V Marqués de San Sadurniño, e de María Segunda Tejada Eulate. A súa nai casou despois con Francisco Aguirre O'Neale, tendo como medio irmáns a Manuel Aguirre de Tejada, primeiro conde de Tejada de Valdeosera, e a Patricio Aguirre de Tejada, primeiro conde de Andino. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi nomeado Xentilhome de Cámara con Exercicio da raíña Isabel II por Real Orde do 8 de novembro de 1843. En 1848 ingresou na Maestranza de Ronda. En 1859 casou con Fernanda Villaroel Goicolea, vizcondesa da Frontera, filla de José Villaroel Ibarrola, vizconde da Frontera e de María Goicolea Ariza, e irmá do II duque da Conquista. Con ela tivo un fillo e unha filla: Fernando Quindós Villaroel, sucedeu á súa nai no vizcondado da Frontera, morrendo antes có seu pai[1]; María de la Natividad Quindós Villaroel, nada en 1863, sucedeuno no marquesado de San Sadurniño.

Foi Alcalde Correxedor de Madrid durante algúns meses en 1865[2]. En 1861 fora designado senador vitalicio, ocupando o seu escano até 1868 e despois entre 1877 e 1900. Foi un dos senadores que en 1864 pediron o abandono da Illa de Santo Domingo.

Amigo e persoa da máxima confianza do rei Afonso XII, trala súa morte foi nomeado titor e curador dos fillos do Infante Sebastián Gabriel de Borbón e Bragança por Real Decreto de 25 de abril de 1875[3], cargo que ocupou até 1886. Pouco despois foille concedida por tal motivo a Gran Cruz da Orde de Carlos III.

Predecesor:
José Ramón Osorio
Alcalde de Madrid
1865 - 1865
Sucesor:
Marqués de Villaseca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Madrid nº 133/1883
  2. Gaceta de Madrid[Ligazón morta], 26 de xuño de 1865.
  3. Gaceta de Madrid, 26 de abril de 1875.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Mariano_Quindós_Tejada&oldid=4899307"