José Millán-Astray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
José Millán-Astray
Millan.jpeg
José Millán-Astray (nos anos 1900)
Nacemento 5 de xullo de 1879
  A Coruña
Falecemento 1 de xaneiro de 1954 (74 anos)
  Madrid
Causa Doenza cardiovascular
Soterrado Cemiterio de La Almudena
Nacionalidade Español
Educado en Academia de Infantería de Toledo
Ocupación Militar
Pai José Millán Astray
Cónxuxe Elvira Gutiérrez de la Torre
Irmáns Pilar Millán Astray
editar datos en Wikidata ]

José Millán-Astray y Terreros, nado na Coruña o 5 de xullo de 1879 e finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1954, foi un militar galego vinculado ao franquismo e fundador da Lexión Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O seu pai foi o avogado e director da Cárcere Módelo de Madrid José Millán Astray, e a súa nai Pilar Terreros Segade. A súa irmá foi a escritora Pilar Millán Astray. Moi vinculado ao seu pai, utilizou legalmente os seus dous apelidos, e cando tivo idade ingresou na carreira militar, o que non puidera facer seu pai ao obrigarlle o seu proxenitor a estudar dereito. O 30 de agosto de 1894 ingresou na Academia de infantería de Toledo, aproveitouse dun programa de estudos abreviado que o goberno permitiu polas necesidades de oficiais para os conflitos de Cuba e as Filipinas, así pois en febreiro de 1896 José Millán-Astray graduouse como tenente segundo, após servir seis meses nun rexemento de Madrid ingresou o 1 de setembro de 1896 na Escola Superior de Guerra para obter o diploma de Estado Maior, interrompeu os seus estudos para pedir o traslado ás Filipinas para loitar contra os independentistas, pola súa actuación na defensa da vila de San Rafael recibiu a Cruz ao Mérito Militar de Primeira Clase e volveu a España convertido nun heroe, continuou os seus estudos na Escola Superior de Guerra e en 1905 ascendeu a capitán.

África[editar | editar a fonte]

No ano 1906 casou con Elvira Gutiérrez, filla do xeneral Gutiérrez Cámara. Pasou a formar parte do Estado Maior da Academia de Infantaría de Toledo en 1910, mais aos dous anos solicita o traslado a África, servindo nos Regulares Indíxenas, ascendeu a comandante por méritos de guerra en 1914. Cando en 1917 recibiu destino en Madrid comezou a preocuparse pola necesidade que España tiña de contar cunha forza formada por mercenarios estranxeiros ao xeito da Lexión Estranxeira Francesa, tras obter o apoio do ministro da Guerra, José Villalba Riquelme, a Lexión Estranxeira estableceuse por real decreto o 28 de xaneiro de 1920 con Millán-Astray, xa tenente coronel, como o seu xefe e Francisco Franco, un dos seus grandes apoios, como xefe segundo. Millán-Astray trasladouse a Ceuta, onde se establecera o cuartel da Lexión. Destemido no campo de batalla, foi ferido en numerosas ocasións, perdendo un brazo e un ollo. Principal valedor da fracción africanista do exército español no seu enfrontamento co sector máis liberal redactou en 1922 unha carta aberta dirixida ao rei Afonso XIII renunciando á xefatura da Lexión en protesta pola pouca influencia dos africanistas, trasladado á Península coa ditadura de Primo de Rivera ascendeu a coronel e recibiu destino no alto comisariado de Marrocos e en 1926 volveu á xefatura da Lexión durante un ano.

Guerra Civil Española[editar | editar a fonte]

Na Guerra Civil española tivo un papel secundario no bando franquista, dedicándose á propaganda e foi famosa a agarrada que tivo con Miguel de Unamuno o 12 de outubro de 1936, durante o acto de comezo do curso académico (que concidía coa celebración do "Festa da Raza"), no Paraninfo da Universidade de Salamanca, e despois dunha serie de discursos de oradores atacando á "anti-España", ao pechar o acto como reitor, Unamuno fixo un discurso improvisado, criticando duramente como se estaba a levar a rebelión, sentenciando ao rematar: "Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuadirdes necesitades algo que vos falta: razón e dereito na loita.".

Reacción de Millán-Astray perante Unamuno[editar | editar a fonte]

Tralo seu discurso Millán-Astray, berroulle "A mín a Lexión", "viva a Morte" (lema da Lexión) e "abaixo a intelixencia"; a isto, Unamuno contestoulle "viva a vida" (case un insulto á Lexión). A continuación o xeneral levantouse, e José María Pemán tratou de aclarar: "¡Viva a intelixencia! ¡Morran os malos intelectuais!".

Honras[editar | editar a fonte]

En 1922 foi nomeado fillo predilecto da cidade da Coruña, homenaxe que lle retirou o concello e que tivo que repoñer logo do recurso presentado pola súa filla por vía xudicial. En 1970 o concello da Coruña erixiu unha estatua na praza que levaba o seu nome en memoria dos 50 anos da fundación da Lexión Española. A estatua foi retirada en 2010 en aplicación da Lei de memoria histórica, decisión ratificada xudicialmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)[1]. A praza foi rebautizada como praza das Atochas en 2015.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Millán-Astray&oldid=4718831"