José Nogués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Nogués
Nogues - unniks.jpg
Leite Río Breogán  – No. 17
Ala
Información persoal
Nacemento 24 de xullo de 1997 (22 anos)
España Barcelona, España
Altura 2,04 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Canteira Joventut
Internacional España Categorías inferiores
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Prat (2013–2016) LEB
Joventut (2015–2019) ACB
Breogán (2019– ) LEB

José Ignacio Nogués Jarne, nado o 24 de xullo de 1997 en Barcelona, Cataluña, é un xogador profesional de baloncesto español. Formado na canteira do Club Joventut de Badalona, cunha altura de 2,04 m xoga na posición de ala. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Barcelona, José Nogués comezou a xogar a baloncesto nas cateogrías inferiores da Secció Esportiva Santa Eulàlia (SESE), pasando a facer parte do cadete do Club Joventut de Badalona no ano 2010. Cos cadetes xogou unha temporada na que se proclamou vencedor do Campionato de España. Posteriormente, no junior, cos que estará dúas temporadas, gaña de novo nos dous anos o Campionato de España asó como o Torneo de L'Hospitalet e o Nike International Junior Tournament. Após finalizar a súa formación, asina co CB Prat, equipo filial do Joventut. No seu primeiro ano compite na Liga LEB Prata, onde consegue co seu equipo ser campión e acadar o ascenso á LEB Ouro. Na súa terceira temporada no Prat, a 2015−16, vai alternar a sáu presenza no filial e no primeiro equipo da Liga ACB, onde vai participar en trece xogos. O seu debut na máxima categoría foi o 18 de outubro de 2015 no Pavelló Font de Sant Lluís ante o Valencia, onde conseguiu seis puntos (con dúas triplas) en trece minutos.[1]

No verán de 2016 pasa formar parte oficialmente do primeiro equipo, ampliando o seu contrato co club verdinegro tres temporadas máis.[2] Porén, na súa primeira temporada non vai participar en ningún xogo oficial debido a problemas de lumbalxia que o acaban por levar ao quirófano en xullo de 2017. Na seguinte temporada, Nogués volve ao terreo de xogo, renovando ademais o seu contrato até 2020. Con todo, debido á falta de minutos de xogo, en 2019 chega a un acordo co club para rescindir o seu contrato e asinar polo Leite Río Breogán da Liga LEB o 2 de agosto.[3]

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga LEB Prata (1): 2014
  • Europeo Sub-18. Letonia 2013. Medalla de bronce.
  • Europeo Sub-20. Grecia 2014. Medalla de prata.
  • Europeo Sub-20. Italia 2015. Medalla de prata.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Nogués&oldid=5239012"