José Ogea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ogea
José Ojea Otero 1910.jpg
Nacemento16 de agosto de 1845
 Cortegada
Falecemento3 de decembro de 1909
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e político
editar datos en Wikidata ]

José Ogea Otero, as veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909,[1] foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou no Partido Republicano e participou en pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso polo distrito de Bande (1873-1874). Ao caer a República, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Co reinado de Afonso XII puido regresar á súa casa de Cortegada onde se dedicou a escribir.

Foi amigo dos grandes intelectuais do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez (ao que lle escribiu o prólogo de Aires da miña terra) e Manuel Murguía (que prologou a súa obra Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia).

Obras[editar | editar a fonte]

Entre outras:

  • La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
  • Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
  • El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
  • Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.
  • No seminario da Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela “Regalo de la vida”, que comezou a saír no nº 60 (1895).
  • No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela “Gentes sencillas”.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Ogea&oldid=5003438"