José Rubinos Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
José Rubinos Ramos
Nacemento 1898
  A Coruña
Falecemento 3 de decembro de 1963
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación poeta
editar datos en Wikidata ]

José Rubinos Ramos, nado na Coruña en 1898 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1963, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frade xesuíta, desenvolveu a maior parte da súa actividade cultural en Cuba, con esporádicas visitas á súa terra natal. Foi expulsado de Cuba en 1961.

É autor de varios libros de poemas e doutro de prosa, cunha especial predilección pola cidade da Coruña. Tamén de múltiples artigos en diversas publicacións da colonia galega en Cuba.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O poema da Cruña (1933).
  • A xesta de cómo a América nasceu da melodía (1953).
  • Gabanza da Cruña (1954).
  • Cantigas de novo xeito vello (1959).
  • Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos (1960).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Rubinos_Ramos&oldid=4731776"