José Sieira González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Sieira González

José Ramón Sieira González, coñecido como O Riaso, nado en Porto do Son en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro afincado en Ribeira. Afiliado ao Sindicato Xeral de Traballadores de Ribeira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Sieira_González&oldid=5216550"