José Vázquez Quirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Vázquez Quirós
Falecemento22 de setembro de 1916
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Vázquez Quirós, finado en Cambados o 22 de setembro de 1916[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do facendado nigranés de Santiago de Parada José María Vázquez Quirós e da peruana Juana Quirós Vázquez-de Velasco, foi o terceiro de doce irmáns, nado probablemente en 1847 en Baiona. Membro do Partido Conservador, foi rexedor do Concello de Santiago de Compostela, antes de ser nomeado alcalde da cidade por Real Orde en 1885. Permaneceu no cargo até 1887. Casou con María Luisa Romaguera, sendo pai de tres fillos. A súa única filla, María Luisa, casou co rexistrador da propiedade Jesús Pintos Reino. Faleceu en Cambados en setembro de 1916, aínda que foi enterrado no Cemiterio Xeral de Bonaval, en Santiago.


Predecesor:
Gerardo Jeremías Devesa
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1885 - 1887
Sucesor:
Ramón Sanjurjo Pardiñas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Galicia, 19-9-1917, p. 3.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Vázquez_Quirós&oldid=4732216"