José Varela Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Varela Bouza
José Varela Bouza.jpg
AlcumePepe o Lobo
Nacemento1910
 Bañobre, Castro, Miño
Falecemento29 de marzo de 1938
 Perbes, Miño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Varela Bouza, coñecido como Pepe o Lobo, nado en Bañobre (Miño) en 1910 e finado en Perbes o 29 de marzo de 1938, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT e do PCE de Miño. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Abriron varias causas contra el. Xulgado na Coruña o 13 de novembro de 1937 acusado de rebelión militar na causa 921/37,[1] foi condenado a pena de morte o 18 de novembro. Preso no castelo de Santo Antón agardando o cumprimento da condena, fuxiu da cadea o 28 de xaneiro de 1938 logrando chegar a nado á praia do Naval. Agochouse preto da súa casa de Bañobre, pero foi descuberto polos falanxistas e a Garda civil que o mataron en Perbes o 29 de marzo de 1938 xunto con José María Blanco Barros[2].

A súa muller Manuela López Cabana foi detida e procesada por auxilio á rebelión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  2. El Compostelano , 2-4-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Varela_Bouza&oldid=5007874"