José Verea Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
José Verea Aguiar
Nome completo José Verea y Aguiar
Nacemento 1775
  Santiago de Compostela
Falecemento 17 de abril de 1849
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

José Verea Aguiar, nado en Santiago de Compostela en 1775 e finado na mesma cidade o 17 de abril de 1849, foi un avogado, funcionario, historiador e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Historia de Galicia, 1838 (PDF).

Estudou Filosofía no Colexio de San Xerome e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1804 opositou á cátedra de Filosofía moral, e en 1806 foi nomeado substituto de bibliotecario segundo desa universidade. Durante a Guerra da Independencia española foi policía e secretario do concello. En 1811 colaborou na prensa local en publicacións como Gaceta Marcial y Política ou El Cartel, e no mesmo ano fundou e dirixiu o Diario Cívico Patriota.

En 1814 fuxiu a Portugal tras ser condenado a morte. Regresou en 1817, levando a cabo unha loita clandestina a prol da liberdade.

En 1820 foi nomeado vicesecretario do concello de Santiago de Compostela e secretario do concello da Coruña. En 1821 foi nomeado comisario de guerra, e colaborou na Gaceta Política y Económica de La Coruña. Posteriormente foi nomeado comisario de guerra honorario e oficial segundo da secretaría do Goberno civil de Segovia. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e socio de mérito da Sociedad Económica de Santiago. En 1843 foi nomeado primeiro presidente da Diputación Arqueológica Gallega.

En 1838 publicou Historia de Galicia, que incluía un nomenclátor de todas as parroquias de Galicia e incluía o celtismo na historia de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Proyecto económico para promover el establecimiento de fábricas de papel (Santiago, 1803).
  • Discurso pronunciado en sesión del día 20 de Agosto de 1820 en la Sociedad patriótico-compostelana (A Coruña, 1820).
  • La Lotería general o Contribución premiada (Madrid, 1820).
  • Observaciones ... En las que se demuestra el grande exceso del cupo de contribución de consumos cargado a este pueblo para el tercer año económico (A Coruña, 1822).
  • Contrato económico nacional o Modo de librar para siempre a los españoles de que paguen ninguna contribución al Estado (A Coruña, 1822).
  • Plan sencillo, armonioso, ejecutivo para el establecimiento de Escuelas prácticas de Agricultura-Colonias, fomentadoras y propagadoras (Segovia, 1835).
  • Proposición presentada respetuosamente al Excmo.Sr. Secretario de Estado y del Despacho de Hacienda para acabar de una vez con el escandaloso contrabando del Tabaco y la Sal, extinguir las contribuciones de Frutos civiles y Subsidio del comercio, fomentar el Real Erario y dar mayor aliento a la riqueza general de la Nación (Segovia, 1836).
  • El Banco Provincial que rendirá a la Diputación de Orense millón y medio de reales anuales... (Ourense, 1837).
  • Historia de Galicia (Ferrol, 1838). Imprenta de Nicasio Taxonera.
  • Proyecto de un arbitrio sobre el pan, aplicando su importe al alivio del servicio de alojamientos.
  • Ensayo estadístico sobre repartimiento de la contribución directa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Verea_Aguiar&oldid=4777452"