José Viñas del Monte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Viñas del Monte
Nacementoséculo XIX
 Galicia
Falecemento22 de outubro de 1935
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosCándido Viñas Calvo e Avelina Viñas Calvo
editar datos en Wikidata ]

José Viñas del Monte, finado en Pontevedra o 22 de outubro de 1935[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do cambades José Manuel Viñas, oficial da secretaría da Deputación de Pontevedra. Militante do Partido Republicano Radical. Propagandista agrario, foi secretario da Federación de Traballadores de Pontevedra (1918) e da Federación Agraria Municipal (1922), e presidente da Alianza Marinera de Cangas (1922-1923). Foi candidato nas eleccións de 1933, pero non resultou elixido. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra o 5 de xaneiro de 1934.


Predecesor:
Joaquín Maquieira Fernández
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1934 - 1935
Sucesor:
Ramón Domínguez Ferradás

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai do escritor Cándido Viñas Calvo e da pintora Avelina Viñas Calvo[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC
  2. Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Viñas_del_Monte&oldid=5140636"