José Vilaboy Pajón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

para

José Vilaboy Pajón
Nacemento1900
 A Calvela
Falecemento1992
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindustrial e político
editar datos en Wikidata ]

José Vilaboy Pajón, nado na Calvela (Somede, As Pontes de García Rodríguez) en 1900 e finado en 1992, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Vilaboy Prieto. Aos doce anos foi ás Pontes. Traballou como fundidor de metais nas Pontes e despois marchou a Cuba, onde perfeccionou a súa especialidade. Cando retornou traballou na Empresa Nacional Bazán de Ferrol, e despois estableceuse nas Pontes cun taller. Foi elixido alcalde das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión o día 22 de abril; cesou no cargo en maio por anulación das eleccións. Celebradas novas eleccións o 8 de xuño, volveu ser elixido alcalde, permanecendo no cargo até maio de 1936 cando foi destituído polo Gobernador civil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu, e pasou unha noite pechado nun nicho do cemiterio das Campeiras. Nos anos finais do franquismo foi presidente do Liceo Artístico e Recreativo das Pontes.


Predecesor:
Narciso Cabarcos Bellas
 As Pontes de García Rodríguez.svg
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1931
Sucesor:
Honorio Ferreiro Cortiñas
Predecesor:
Honorio Ferreiro Cortiñas
 As Pontes de García Rodríguez.svg
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1931 -1936
Sucesor:
Servando López Cao

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Vilaboy_Pajón&oldid=4835849"